Diferenzas entre revisións de «Videoxogo»

m
(→‎Plataformas: texto traducido desde a wiki .es:Videojuego#Plataformas)
O [[Ordenador persoal|PC]] ou computador persoal é tamén unha plataforma de videoxogos, pero como a súa función non é só executar videoxogos, non se considera como videoconsola. O PC non entra en ningunha xeración, xa que cada poucos meses saen novas pezas que modifican as súas prestacións. O PC por regra xeral pode ser moito máis potente que calquera consola do mercado. Os máis potentes soportan modos gráficos con resolucións e efectos de postprocesamento gráfico moi superiores a calquera consola.
 
As máquinas recreativas de videoxogos están dispoñibles en lugares públicos de diversión, centros comerciais, restaurantes, bares, ou salóns recreativos especializados. Nos anos 80 e 90 do século pasado gozaron dun alto grao de popularidade ao ser entón o tipo de plataforma máis avanzado tecnicamente. Os progresos tecnolóxicos nas plataformas domésticas han suposto a comezos do século XXI unaunha certa decadencia no uso das máquinas arcade.
 
As [[consola portátil|consolas portátiles]] e outros aparellos de peto contan coa capacidade para reproducir videoxogos. Entre estes últimos destacan hoxe en día os teléfonos móbiles (en particular os [[teléfono intelixente|teléfonos intelixentes]]) que, sen ser os videoxogos a súa función primaria, fóronos incorporando a medida que se foron incrementando as súas prestacións técnicas. Outro dispositivo portátil de crecente popularidade nos últimos anos son as [[Tabletas (computadora)|tabletas]].
102.492

edicións