Diferenzas entre revisións de «Videoxogo»

→‎Plataformas: texto traducido desde a wiki .es:Videojuego#Plataformas
(→‎Tecnoloxía: texto traducido desde a wiki .es:Videojuego#Tecnología)
(→‎Plataformas: texto traducido desde a wiki .es:Videojuego#Plataformas)
Os [[Dispositivo de entrada|dispositivos de entrada]] son os que permiten ao xogador manexar o xogo. Aínda que é habitual o uso dun dispositivo de entrada externo —como son os clásicos [[teclado (informática)|teclado]] e [[Rato (informática)|rato]], o mando, ou o ''joystick''—, as plataformas portátiles de hoxe en día (''smartphones'', ''tablets'', videoconsolas de peto...) permiten xogar mediante a súa pantalla táctil ou mediante o movemento do propio aparello (grazas ao uso de xiroscopios e acelerómetros). Outros dispositivos de entrada son os [[Detector de movemento|detectores de movemento]], entre os que destacan os dispositivos de man (por exemplo o Wiimote de [[Wii]]), os de presión (alfombras ou soportes con sensores), os de dispositivos de realidade virtual como o PlayStation VR e os de captura de imaxes, caso do Kinect de Xbox. Tamén se pode empregar a voz naqueles videoxogos que a soporten a través de procesadores de voz.
 
Os [[Periférico|dispositivos de saída]] son aqueles que mostran as imaxes e os sons do videoxogo: un [[televisor]], un [[Monitor de computadora|monitor]] ou un [[Proxector de vídeo|proxector]] para o vídeo, e uns altofalantes ou auriculares para o audioson. Os equipos máis modernos utilizan son dixital con [[Dolby Surround]] con efectos [[EAX]] e efectos visuais modernos por medio das últimas tecnoloxías en [[Motor de xogo|motores de videoxogo]] e [[Unidade de procesamento gráfico|unidades de procesamento gráfico]].
 
A peza central do [[hardware]] constitúeo a CPU ou [[unidade central de procesamento]], que interpreta as instrucións contidas nos programas e procesa os datos. A súa capacidade de procesamento, maior en cada nova xeración de dispositivos, marca o límite das posibilidades técnicas e gráficas dos videoxogos.
 
O 21 de agosto Nvidia presentou a nova serie de procesadores gráficos GeForce RTX 20, os cales contarán con arquitectura de Turing e desenvolven o trazado de raios a tempo real para levar a experiencia de xogo ata unha reprodución de vídeo en 8K.<ref>{{Cita web| url=http://m.europapress.es/portaltic/gadgets/noticia-serie-geforce-rtx-20-nvidia-arquitectura-turing-lleva-reproduccion-videojuegos-8k-20180821113050.html |título = La serie GeForce RTX 20 de Nvidia con arquitectura Turing lleva la reproducción de videojuegos a los 8K |data= 21 de agosto de 2018 |dataacceso = 7 de agosto do 2019 |lingua =es |editor =Portaltic}}</ref>
=== Plataformas ===
{{AP|Consola (videoxogos)|Ordenador persoal|Máquina recreativa|Consola portátil}}
 
Os distintos tipos de dispositivo nos que se executan os videoxogos coñécense como [[Plataforma (informática)|plataformas]]. Os catro tipos de plataformas máis populares son o PC, as videoconsolas, os dispositivos portátiles e as [[Máquina recreativa|máquinas arcade]].
 
[[Ficheiro:SCPH-75000CB.jpg|right|thumb|150px|La [[PlayStation 2]] es, con más de 155 millones de unidades, la consola de videojuegos más vendida de la historia.]]
 
== Compañías de videoxogos ==
102.418

edicións