Abrir o menú principal

Cambios

m
Engado referencias sobre diversos detalles da Idade Media.
 
== Definición e caracterización ==
A Idade Media foi un período de aproximadamente mil anos que se caracterizou polo predominio do [[Cristianismo]] en todas as esferas da vida humana na [[Europa]].<ref>{{Cita web|url=https://medsalud.com/cultura-y-reflexion/edad-media-caracteristicas|páxina-web=|título=Edad Media: 18 características, etapas e historia de este período|data-acceso=7 de agosto|apelidos=Castillero Mimenza|nome=Oscar|ano=2019}}</ref> A este período chámaselle ás veces pexorativamente ''idade das tebras'', pois non tería ningunha creación [[filosofía|filosófica]] ou [[ciencia|científica]] autónoma. Tal idea é criticada por moitos expertos da actual xeración de estudosos da historia da ciencia, que tenden a ver o período de desenvolvemento económico e tecnolóxico que comezou por volta do século XII (permitido por factores como a diminución das invasións bárbaras, mudanzas climáticas etc.), como un importante requisito para o desenvolvemento científico na era moderna.
 
Aínda que se di que este período abarca desde a caída do Imperio Romano do Occidente ata a [[Reforma protestante]], a ciencia coñeceu un período de preto de mil anos de falta de inspiración en comparación coa produción científica clásica. Vale lembrar que, usando o mesmo criterio, tamén se podería dicir que unha gran "falta de inspiración" tería atinxido o período da Roma Imperial, cuxos descubrimentos en termos de ciencias naturais ficaron moi lonxe das dos gregos (e iso a pesar do longo período de prosperidade proporcionado pola "Pax Romana").
Desafortunadamente, as nocións preconcibidas sobre o status da ciencia na Idade Media foron amplamente propagadas e, aínda hoxe, permanecen mitos como a ''falsa'' ''idea ''de que os estudosos medievais consideraban que a terra era chá.
 
Facer unha apreciación clara da Idade Media é complexo: este tipo de avaliación pode tornarse altamente política, pasando a depender moito de susceptibilidades relixiosas. Os católicos acostuman tendenciosamente a ser máis favorables á Idade Media, xa que se identifican coa tradición histórica da relixión cristiá dese tempo. Os protestantes, polo contrario, ven a Idade Media como un período de tebras e dan máis valor á [[Reforma protestante]], que modificou profundamente a práctica relixiosa na Europa (norte) occidental.<ref>{{Cita web|url=https://descubrirlahistoria.es/2017/10/breve-historia-la-reforma-protestante/|páxina-web=Descubrir La Historia|título=Breve historia de la Reforma Protestante|data-acceso=7 de agosto|nome=Miguel|apelidos=Vega Carrasco}}</ref>
 
== Demografía ==
2

edicións