Sacro Imperio Romano Xermánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 246:
 
=== A implosión do Imperio ===
Á morte de [[Carlos VI de Alemaña]] (1711-1740), o Imperio viuse sacudido por unha serie de crises que puxeron en evidencia a súa decadencia final. A aparición de [[Prusia]] baixo o reinado de [[Federico II de Prusia|Federico II o Grande]] e as sucesivas guerras, [[Guerra de Sucesión Austríaca|Sucesión Austríaca]] e [[Guerra dos Sete anos|dos Sete AñosAnos]], serían as máis importantes. Dende facía tempo, o futuro do Sacro Imperio estaba asociado á situación de [[Austria-Hungría]], da súa casa reinante, os [[Habsburgo]], e da postura que asumiran os demais corpos políticos do imperio fronte a esta, que a pesar da súa preeminencia sobre as demais casas reais do imperio, vería minguado o seu poder polas rivalidades que mantivo con outras potencias, como Francia, o [[Imperio Ruso]], Prusia (a outra potencia xermana emerxente e integrante do Sacro Imperio) e incluso co [[Imperio Británico]], debido ás tentativas dos Habsburgo de estender a súa influencia sobre os mares dominados por este trala decadencia naval de España, as Provincias Unidas e Portugal.
 
Finalmente, o [[6 de agosto]] de [[1806]] o Imperio desapareceu formalmente cando o seu último emperador [[Francisco I de Austria|Francisco II]] (dende 1804 emperador Francisco I de [[Austria]]), a consecuencia de la derrota militar contra o exército de [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]], decretou a supresión do ''Sacro Imperio'' coa clara intención de impedir que este se apropiara do título e a lexitimidade histórica que este levaba con sigo. Os sucesores de Francisco II continuaron chamándose emperadores de Austria até [[1918]].