Diferenzas entre revisións de «Videoxogo»

→‎Tecnoloxía: texto traducido desde a wiki .es:Videojuego#Tecnología
(→‎Tecnoloxía: texto traducido desde a wiki .es:Videojuego#Tecnología)
(→‎Tecnoloxía: texto traducido desde a wiki .es:Videojuego#Tecnología)
 
Na década de 1980 o soporte habitual para o software era o cartucho nas videoconsolas, e o disco magnético ou a cinta de casete nos computadores. Posteriormente usouse o [[CD-ROM]], pois tiña máis capacidade que os cartuchos xa que estes chegaran ao seu tope tecnolóxico e ademais resultaba máis económico para producir en masa. Actualmente úsase o sistema [[DVD]] de alta capacidade e, nas consolas de sobremesa como PlayStation 4 e Xbox One, o [[Blu-ray Disc|Blu-Ray]], de capacidade moi alta. Con todo desde hai uns anos está a crecer a descarga desde Internet, ao ser unha tecnoloxía estendida masivamente, de fácil acceso e menos custosa que a distribución física de discos, á parte das vantaxes de seguridade ao evitar perdas por danos ou extravío de discos (xa que o videoxogo estará virtualmente sempre dispoñible).
[[Ficheiro:Saitek_Gamepad.jpg|miniatura|Un mando, dispositivo de entrada típico nas consolas.]]
Os [[Dispositivo de entrada|dispositivos de entrada]] son os que permiten ao xogador manexar o xogo. Aínda que é habitual o uso dun dispositivo de entrada externo —como son os clásicos [[teclado (informática)|teclado]] e [[Rato (informática)|rato]], o mando, ou o ''joystick''—, as plataformas portátiles de hoxe en día (''smartphones'', ''tablets'', videoconsolas de peto...) permiten xogar mediante a súa pantalla táctil ou mediante o movemento do propio aparello (grazas ao uso de xiroscopios e acelerómetros). Outros dispositivos de entrada son os [[Detector de movemento|detectores de movemento]], entre os que destacan os dispositivos de man (por exemplo o Wiimote de [[Wii]]), os de presión (alfombras ou soportes con sensores), os de dispositivos de realidade virtual como o PlayStation VR e os de captura de imaxes, caso do Kinect de Xbox. Tamén se pode empregar a voz naqueles videoxogos que a soporten a través de procesadores de voz.
 
== Compañías de videoxogos ==
104.549

edicións