Diferenzas entre revisións de «Videoxogo»

→‎Tecnoloxía: texto traducido desde a wiki .es:Videojuego#Tecnología
(→‎Tecnoloxía: texto traducido desde a wiki .es:Videojuego#Tecnología)
(→‎Tecnoloxía: texto traducido desde a wiki .es:Videojuego#Tecnología)
Un videoxogo execútase grazas a un programa de ''[[software]] ''(o videoxogo en si) que é procesado por unha máquina (o ''[[hardware]]'') que conta con dispositivos de entrada e de saída.
 
O [[Programa informático|programa de software]] ou soporte lóxico contén toda a información, instrucións, imaxes e audioson que compoñen o videoxogo. Vai gravado en [[Cartucho (informática)|cartuchos]], [[Disco óptico|discos ópticos]], [[Disco magnético|discos magnéticos]], [[Tarxeta de memoria|tarxetas de memoria]] especiais para videoxogos, ou ben se descarga directamente ao aparello a través de [[Internet]].
 
Na década de 1980 o soporte habitual para o software era o cartucho nas videoconsolas, e o disco magnético ou a cinta de casete nos computadores. Posteriormente usouse o [[CD-ROM]], pois tiña máis capacidade que os cartuchos xa que estes chegaran ao seu tope tecnolóxico e ademais resultaba máis económico para producir en masa. Actualmente úsase o sistema [[DVD]] de alta capacidade e, nas consolas de sobremesa como PlayStation 4 e Xbox One, o [[Blu-ray Disc|Blu-Ray]], de capacidade moi alta. Con todo desde hai uns anos está a crecer a descarga desde Internet, ao ser unha tecnoloxía estendida masivamente, de fácil acceso e menos custosa que a distribución física de discos, á parte das vantaxes de seguridade ao evitar perdas por danos ou extravío de discos (xa que o videoxogo estará virtualmente sempre dispoñible).
 
== Compañías de videoxogos ==
104.757

edicións