Diferenzas entre revisións de «Videoxogo»

→‎Historia: texto traducido desde a wiki .es:Videojuego#Historia
m (arranxiños)
(→‎Historia: texto traducido desde a wiki .es:Videojuego#Historia)
Xeralmente, os videoxogos fan uso doutras maneiras, á parte da imaxe, de prover a [[interactividade]] e información ao xogador. O son é case universal, usándose dispositivos de [[Gravación e reprodución de son|reprodución de son]], tales como [[altofalante]]s e [[auricular]]es. Outro tipo de [[Retroalimentación|realimentación]] faise a través de [[periférico]]s [[Háptica| hápticos]] que producen vibración ou [[Volante (videoxogos)#Sistema Force Feedback| retroalimentación de forza]], usándose ás veces a vibración para simular a retroalimentación de forza.
 
== Historia dos videoxogos ==
{{AP|Historia dos videoxogos}}
[[Ficheiro:Tennis for Two Machine at CAX 2010.jpg|miniatura|esquerda|Copia de ''[[Tennis for Two]]'' (1958), un dos primeiros videoxogos da historia, para [[computadora analóxica]]; o xogo mostrabase nun [[osciloscopio]].]]
[[Ficheiro:Pong (13333815563).jpg|miniatura|Máquina recreativa do ''[[Pong]]'' (1972).]]
 
As orixes do videoxogo remóntanse á década de 1950, cando pouco despois da aparición das primeiras [[Ordenador|computadoras]] electrónicas tras o fin da [[segunda guerra mundial]], levaron a cabo os primeiros intentos por implementar programas de carácter lúdico. Así, foron creados o ''Nim'' (1951) ou o ''Oxo'' (1952), xogos electrónicos pero que aínda non son realmente videoxogos, e o ''[[Tennis for Two]]'' (1958) ou o ''[[Spacewar]]!'' (1962), auténticos pioneiros do xénero. Todos eles eran aínda prototipos, xogos moi simples e de carácter experimental que non chegaron a comercializarse, entre outras cousas, porque funcionaban nunhas máquinas que só estaban dispoñibles en universidades ou en institutos de investigación.
 
Identifícanse cinco etapas na historia dos videoxogos<ref>[http://www.cibersociedad.net/textos/articulo.php?art=141Alexis Huertero Valle, Guillermo, ''Videojuegos políticos: una forma diferente de entender la política''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20110911005641/http://www.cibersociedad.net/textos/articulo.php?art=141Alexis |date=11 de setembro de 2011 }}, Revista TEXTOS de la CiberSociedad, 12 ([[2007]]).</ref>
# [[1971]]-[[1978|78]]. Comeza a desenvolverse o concepto de videoxogo, e comezan as denominadas [[arcadia|"arcades"]], establecementos con varias máquinas con videoxogos que funcionan con [[moeda]]s ou fichas. Aparecen tamén as primeiras compañías, como [[Atari]], [[Magnavox]] ou [[Taito]], e os primeiros xogos: ''[[Space Invaders]]'', ''[[Pong]]''...
104.576

edicións