Aves: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Intelixencia: dous "ser quen" demasiado seguidos
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 314:
A clasificación das aves é un asunto cuestionado. Como resumo [[Bradley Livezey|Livezey]] e [[Richard Zusi|Zusi]],<ref name="Theropoda" /> nos 20 anos posteriores a 1988, as [[filoxenia]]s propostas para Aves foron numerosas e diverxentes. Estiveron baseadas en metodoloxías diversas e aplicadas en diferente grao, que xeralmente usaron alternativamente a [[Morfoloxía (bioloxía)|morfoloxía]], [[secuenciación de ADN|secuencias]] de [[ADN mitocondrial]] ou de [[ADN nuclear]]; con ou sen [[análise cladística|análises cladísticas]]. Con todo, producíronse resultados discordantes mesmo cando os estudos se basearon en metodoloxías dun mesmo tipo.<ref name="Theropoda" /> Estes estudos deixan un panorama contraditorio onde os resultados están en constante fluidez e ningunha das versión da filoxenia é amplamente aceptada, polo que non é posible dar aquí unha filoxenia máis ou menos definitiva. A situación parece en vías de solución e os novos descubrimentos de fósiles están a permitir estudos máis refinados baseados na morfoloxía,<ref name="Theropoda" /> grazas ao perfeccionamento dos métodos estatísticos, á expansión das evidencias moleculares polo aumento dos [[locus|loci]] analizados e á aplicación destes métodos a representacións máis amplas de grupos taxonómicos.<ref name="Theropoda" /><ref name= Hackett/> Con estas progresivas melloras considérase cuestión de pouco tempo que se alcancen resultados que logren un consenso da comunidade científica sobre a evolución das ordes e familias de aves modernas. Estes resultados quizais se poidan acelerar con estudos baseados en «evidencias totais», coa análise combinada de todas as fontes de evidencias.<ref name="Theropoda" />
 
A clasificación filoxenética dos grupos de [[Neornithes|aves modernas]] que a continuación se presenta, baséase nun [[Análises moleculares de ADN|estudo das secuencias de ADN]] de Hackett e colaboradores (2008),<ref name= Hackett>{{Cita publicación |autor= Hackett Shannon J. ''et al.'' |url= http://www.sciencemag.org/cgi/content/abstract/320/5884/1763 |título=A Phylogenomic Study of Birds Reveals Their Evolutionary History |data=27 de xuño de 2008 |publicación= [[Science]] |volume= 320 |dataacceso=31 de marzo de 2009}}</ref> realizado mediante o exame de preto de 32 [[quilobase]]s de secuencias aliñadas provenientes de 19 ''[[locus|loci]]'' independentes de ADN nuclear en 169 especies de aves, que representan a todos os grupos maiores existentes. Nela confírmase a [[monofilético|monofilia]] de [[Galloanserae]] e [[Neoaves]]. Refórzase, á súa vez, a existencia de diversos clados propostos ao longo dos últimos anos dentro de Neoaves, aínda que as relacións entre a gran maioría aínda están indeterminadas, o cal xera unha serie de politomías. Hackett e colaboradores consolidan en gran medida os estudos de Fain & Houde (2004) e Ericson ''et al''. (2006), e destácase en todos eles a división de Neoaves en dúas ramas: [[Metaves]] e [[Coronave]]s.<ref name=autogenerated1>{{Cita publicación |apelido=Ericson |nome=Per G.P. |nome2=Cajsa L. |apelidos2=Anderson |nome3=Tom |apelidos3=Britton ''et ál.'' |data=decembro 2006 |título=Diversification of Neoaves: Integration of molecular sequence data and fossils |publicación=Biology Letters |volume=2 |número=4 |páxinas=543-547 |doi=10.1098/rsbl.2006.0523 |pmid=17148284 |url=http://www.senckenberg.de/files/content/forschung/abteilung/terrzool/ornithologie/neoaves.pdf |formato=PDF |dataacceso=31 de marzo de 2009}}</ref><ref>{{Cita publicación |autor= Fain, M. G., & P. Houde. |título= Parallel radiations in the primary clades of birds |ano= 2004 |publicación= Evolution |volume= 58 (11)}}</ref> Aínda que esta división baséase nun único xene ([[beta-fibrinóxeno]]) e, ademais, contraponse cos resultados obtidos a partir de estudos do [[ADN mitocondrial]].<ref>{{Cita publicación |autor=Morgan-Richards M., Trewick S.A., Bartosch-*Härlid A., Kardailsky O., Phillips M.J., McLenachan P.A., Penny D. |ano=2008 |título=Bird evolution: testing the Metaves clade with six new mitochondrial genomes |publicación=BMC Evolutionary Biology |volume=8 |número=20 |doi=10.1186/1471-2148-8-20 |url=http://www.biomedcentral.com/1471-2148/8/20 |dataacceso=19 de abril de 2009}}</ref> A validez de Metaves e Coronaves dependerá de futuros estudos. A continuación defínense novos clados (identificados só con letras) e sinálase o carácter [[parafilético]] dalgúns grupos (que deben ser redefinidos).
<div style="float:right; width:auto; border:solid 1px silver; padding:2px; margin-right:20px; margin-left:20px">
{{clade