Papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Elección: arranxiños
Liña 30:
A tradición católica afirma que, o primeiro xefe da Igrexa católica (o primeiro papa) foi [[Pedro, papa|san Pedro]], a quen, Xesucristo dixo ''Ti es Pedro e sobre esta pedra construirei a miña Igrexa'' ([[Evanxeo de Mateo|Mateo]] XVI:18-19).
 
O [[evanxeo]] reflicte a vontade de [[Xesús de Nazaret|Xesus]] de que os seus discípulos permanecesen unidos baixo a dirección de Pedro, a quen Cristo deu o nome nun momento solemne, levando os seus [[apóstolo]]s á cidade de Cesarea de Filipo: "''Ti és Pedro e sobre esta pedra, edificarei a miña Igrexa. A ti che darei as chaves do reino dos ceos; e todo o que ligares na terra será ligado nos ceos, e todo o que desligares na terra será desligado nos ceos" ([[Evanxeo de Mateo|Evanxeo segundo san Mateo]], 16, 13-20).''
 
O goberno xerárquico da Igrexa católica basease posteriormente na autoridade dos sucesores dos Apóstolos, chamados [[Bispo]]s, reunidos en [[concilio]] baixo a autoridade do primaz de todos os Bispos, o Bispo de Roma, porque tanto san Pedro como [[Paulo de Tarso|san Paulo]] morreran en Roma, e de aí a igrexa da cidade ser recoñecida como cabeza das demais. Para o caso de san Paulo, alén do testemuño das súas cartas desde a prisión en Roma, existen testemuños arqueolóxicos e escritos do seu martirio en Roma.
 
Máis importante é o caso de san Pedro, de quen propiamente se considera que suceden os outros [[Lista sucesoriade dos Papaspapas|264 papas]]. Das escavacións arqueolóxicas realizadas na segunda metade do [[século XX]] por baixo do altar maior da [[basílica de San Pedro]] no Vaticano parece probarse que o túmulo principal alí situado, xunto a varias inscricións co nome "Petrus", contén vestixios do [[século I]]. Existen adicionalmente testemuños escritos. De entre os máis importantes están:
 
* A carta de [[Clemente I, Papapapa|Clemente Romano]] (terceiro sucesor de Pedro), dirixida no ano [[98]] aos fieis de [[Corinto antiga|Corinto]]. Nela mencionase o martirio de Pedro en Roma no ano [[64]], e tamén o de Paulo. O feito de que se dirixa con autoridade a unha Igrexa distante (grega) deixa claro que os cristiáns recoñecían a autoridade do sucesor de Pedro.
* Vinte anos despois ([[117]]), o Bispo Ignacio de Antioquía (Igrexa que tamén fora presidida por Pedro), escribiu sete cartas aos seus fieis mentres viaxaba para Roma, como condenado á morte. Nunha delas pide aos cristiáns romanos que non intercedan pola súa liberación, esclarecendo que "Non os mando como Pedro e Paulo". Alén do testemuño do martirio romano dos principais apóstolos, parece mostrar a submisión das demais igrexas á de Roma.