Presidente da Nación Arxentina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 242:
==== Residencia oficial e de verán ====
{{Artigo principal|Quinta presidencial de Olivos}}A residencia oficial foi cambiando ao longo da historia. Rivadavia (1826-27) residiu na Casa dos Vicerreis, no antigo Forte de Buenos Aires, mentres que os seus sucesores residiron nas súas casas particulares. A excepción foi [[Roque Sáenz Peña]] quen acondicionou un cuarto no primeiro piso na Casa Rosada debido a que a súa enfermidade lle impedía mobilizarse con facilidade. A mediados da [[década de 1930]] o estado adquire a propiedade de Carlos Madariaga e a súa esposa Josefina Anchorena, situada na rúa Suipacha 1034 da [[Buenos Aires|Cidade de Buenos Aires]], para convertela en Residencia Presidencial. O primeiro presidente que a utiliza é Roberto Ortiz xunto á súa señora [[María Luisa Iribarne]]. En [[1937]] (durante a presidencia de Agustín Pedro Justo) o estado adquire a residencia construída por Mariano Unzué e Mercedes Baudrix en 1887, situada nun parque deseñado por Thays, rodeado polas rúas Agüero, Alvear (Libertador) e Austria, no barrio de Recoleta, Buenos Aires. O primeiro e único presidente que a utilizou de forma permanentemente foi [[Juan Domingo Perón]] e a súa señora [[Eva Perón|Eva Duarte]].
[[Ficheiro:Residencia_Presidencial_Quinta_de_OlivosPaseo de la republica (porton de olivos) (cropped).jpg|miniatura|Quinta de Olivos, residencia oficial do presidente.]]
A Quinta presidencial de Olivas foi doada pola familia Anchorena Olaguier en 1918 baixo a presidencia de [[Hipólito Yrigoyen|Yrigoyen]]. Dende [[1918]] os presidentes fórona utilizando como residencia ocasional e de verán, sendo o primeiro que a habita de forma permanente [[Pedro Eugenio Aramburu]]. Dende entón utilízase como residencia oficial e permanente. Na Quinta de Olivas faleceu o presidente Juan Domingo Perón o [[1 de xullo]] de [[1974]] mentres exercía o seu terceiro mandato, sendo até agora o único presidente que morreu alí. A Quinta é un gran complexo residencial composto dun vasto parque situado na localidade de Olivas do partido de Vicente López. A residencia presidencial ocupa o edificio principal, de liñas neoclásicas, construído por Prilidiano Pueyrredón en [[1854]]. As fachadas consérvanse como no [[século XIX]], con todo, os interiores e o parque sufriron reformas co paso dos diferentes presidentes.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=|título=HISTORIA DE LAS RESIDENCIAS PRESIDENCIALES EN ARGENTINA|url=https://miradaatenta.wordpress.com/2010/11/22/historia-de-las-residencias-presidenciales-en-argentina/|formato=|editorial=Mirada Atenta|ID=|data-acceso=13 de abril de 2018|cita=}}</ref>