Diferenzas entre revisións de «A noite vai coma un río»

sen resumo de edición
Entra o Músico que dialoga con Ana Modesta e logo con dona Inés sobre o amor. Logo o Correo trae a El Rei e ponlle os ollos de vidro. El Rei quéixase de ser viúvo, de ser casado de neno e de no coñecer o amor, de que as mulleres suspiren polo Capitán, que é seu criado. Falan de amor o Capitán e dona Inés:
 
{{Cita|Esa é outra lección! Os corazóns son vasos cheos de quente xenxibre. Quen ousará botar a gota que os fará reverquer? Ou non a hai? Millor será, amada, non agardala e beber un pouco, eu do teu e ti do meu. Démonos os segredos pensamentos! Poido mirar si na tona do teu vaso navega unha folliña de vermello caravel? Mirarei cos meu beizos quentes!{{Sfn|Cunqueiro|19801974|p=138}}}}
 
=== Segunda xornada ===
Dona Inés fai un longo pranto polo xastre morto, que é un pranto por si mesma, pola ausencia de amor:
 
{{Cita|Eu querería ser amada por este, e que o outro non me fose máis semellante que estes maniquís. Con este corpo de soñares agardo e desespero! De calquer home eu podería ser, pro non cheguei a deprender nunca que é o que os homes queren dunha muller, e como se lles dá, sin que ao romperse o corpo, o espelliño da alma se quebre tamén{{Sfn|Cunqueiro|19801974|p=154}}.}}
 
Entra o Mendiño que fala dos seus soños con dona Inés. Ela quéixase de que lle matan os seus amores nada máis nacer e tenta aferrarse ao Mendiño.
5.218

edicións