Ciudad Rodrigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{cómpren coordenadas}}
ine
Liña 5:
No seu límite leste, está a unha distancia de 86 km de [[Salamanca]], a capital provincial e a 25 km da fronteira con [[Portugal]] (distrito de [[Garda]]) polo oeste. Limita ao norte con [[Abadengo]] e ao sur coa cacereña [[Sierra de Gata]]. Ten os títulos de Cidade Antiga, Nobre e Leal, e ademais é [[sede episcopal]] co apelativo de [[diocese de Cidade Rodrigo|diocese civitatense]].
 
Segundo o censo de [[2008]] ([[Instituto Nacional de EstatísticaEstadística de España|INE]]) conta cunha poboación de 13.975 habitantes, dos cales 6.777 son homes e 7.198 son mulleres, nunha superficie de 240,11 km². O xentilicio que reciben estes é o de '''mirobrigense''' (ou rodericense ou civitatense, preferíndose este último para designar a toda a poboación da área diocesana). A súa altitude na cabeceira é de 658 msnm.
 
Outros núcleos de poboación son [[Águeda del Caudillo]] (117 hab.), [[Bocacara]] (174 hab., 84 homes e 90 mulleres), [[Ivanrey]] (71 hab.), [[Sanjuanejo]] (74 hab.), [[Pedro Toro]] (9 hab.) e [[Arrabal de San Sebastián]] (30 hab.). Águeda é unha vila de colonización fundado durante o [[Franquismo]], de aí o seu nome. Actualmente é unha [[pedanía]] do mesmo xeito que Bocacara. Bocacara era un concello independente ata mediados do [[século XIX]] así como [[Valdecarpinteros]].