Comunidade intencional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Categoría
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Comunidade intencional''', tamén coñecida por '''asociativismo voluntario''', primeiramente apuntada por [[Charles Fourier]] na constitución das comunidades intencionais coñecidas como falansterios, é considerada unha práctica libertaria e por algúns como unha forma de [[activismo]], que procura crear espazos e comunidades autónomas, cuxo obxectivo principal é demostrar a posibilidade do [[anarquismo]] en canto práctica cotiá. Sitúanse principalmente fóra dos centros urbanos, aínda que tamén dentro.
 
Pode ser tamén, simplemente, denominado [[comunalismo]] e ten orixes anteriores en [[comunidade cristiá|comunidades cristiás]], que tamén se autodenominan [[Comunismo|comunistas]], aínda que estivesen moi distantes dos conceptos [[Marxismo|marxistas]] de inicios do [[século XXI]] e moi próximas dos conceptos do anarquismo, practicamente idénticos aos seus, a non ser en relación á [[crenza relixiosa]].
 
== Falansterio ==
Liña 7:
 
=== Orixe ===
Máis que ningún outro pensador do seu tempo, Charles Fourier tratou de resolver todos os problemas da sociedade a través da elaboración dun complexo sistema de organización social no cal toda persoa, actividade ou cousa ocupaba anticipadamente un lugar ben determinado. Fourier partía da crenza de que o ser humano é intrinsecamente bo, porque é o depositario dunha [[harmonía]] natural que reflicte a propia harmonía do [[universo]]. O problema residía na sociedade existente, que impedía o desenvolvemento completamente libre das calidades do [[ser humano]].
 
== Nos inicios do século XXI ==