Wilt Chamberlain: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 62:
== Carreira NBA ==
=== Philadelphia Warriors/San Francisco Warriors ===
Na súa primeira tempada cos Warriors ([[1960]]), Chamberlain foi o máximo anotador da liga, cunha media 37,6 puntos por partido, e máximo reboteador, con 27.<ref>{{Cita web |url=http://www.nba.com/history/points/19591960.html |título=Points - 1959-60 league liders |data-acceso=20 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100515160455/http://www.nba.com/history/points/19591960.html |dataarquivo=15 de maio de 2010 |urlmorta=si }}</ref><ref>[{{Cita web |url=http://www.nba.com/history/rebounds/19591960.html |título=Rebounds - 1959-60 league liders] |data-acceso=20 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100515164527/http://www.nba.com/history/rebounds/19591960.html |dataarquivo=15 de maio de 2010 |urlmorta=si }}</ref> Foi nomeado MVP tras anotar 25 puntos e coller 27 rebotes durante a vitoria do Leste sobre o Oeste. Tamén se converteu no primeiro xogador (posteriormente faríao tamén [[Wes Unseld]] en [[1969]]) en ser nomeado [[MVP NBA|MVP]] e [[Rookie do Ano da NBA|Rookie do Ano]] na mesma tempada. Con Wilt de pivote, os Warriors pasaron nun ano de ser os peores da súa división a posuír a segunda mellor marca da NBA. Con todo, foron eliminados nas Finais de Conferencia por [[Boston Celtics]], algo que se repetiría moitas veces na súa carreira.<ref>[{{Cita web |url=http://www.nba.com/history/playoffs/19591960.html |título=1960 Playoff Results] |data-acceso=20 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090115184604/http://www.nba.com/history/playoffs/19591960.html |dataarquivo=15 de xaneiro de 2009 |urlmorta=si }}</ref>
 
Dende que os Celtics foron colocados na mesma división do Leste que os Warriors, Chamberlain e os seus compañeiros non puideron alcanzar as Finais da NBA xa que sempre caían derrotados polos "verdes". Aqueles foron os míticos Celtics que lograron once aneis en trece tempadas liderados por [[Bill Russell]]. Con todo, Chamberlain estableceuse como un dos mellores xogadores de todos os tempos. Nos seus primeiros cinco anos na liga, as súas medias foron 37,6 puntos por partido e 27 rebotes ([[1960]]), 38,4 ppp e 27,2 rpp ([[1961]]), 50,4 ppp e 25,7 rpp ([[1962]]), 44,8 ppp e 24,3 rpp ([[1963]]), 36,9 ppp e 22,3 rpp ([[1964]]) e 38,9 ppp e 23,5 rpp ([[1965]]). O xogador que máis se achegou a esas medias de anotación foi [[Elgin Baylor]], cunha media de 38,3 puntos por partido na tempada 1961-62. A seguinte mellor actuación reboteadora foi de Bill Russell, con 24,7.<ref>[http://www.basketball-reference.com/fc/pcm.cgi?req=1&cum=1&p1=chambwi01&e1=1960&p2=chambwi01&e2=1961&p3=chambwi01&e3=1962&p4=chambwi01&e4=1963 Estatística comparada de Wilt Chamberlain entre 1960 e 1963]</ref> En [[1963]] os Warriors mudáronse a [[San Francisco]], e en [[1964]] Chamberlain e os seus [[San Francisco Warriors]] perderon con Boston Celtics nas Finais da NBA. Tras esa tempada, Wilt foi traspasado a [[Philadelphia 76ers]].<ref name="bio">[http://www.nba.com/history/players/chamberlain_bio.html Biografía de Wilt Chamberlain]</ref>
Liña 70:
De volta á [[Conferencia Leste da NBA|Conferencia Leste]], a dinastía dos Celtics frustrou de novo a Chamberlain no seu camiño cara ás Finais. A final de conferencia dese ano chegou ao sétimo e definitivo partido moi igualada, sendo finalmente gañada polos Celtics nun final lendario, cando [[Hal Greer]] tentou pasar o balón a un compañeiro e [[John Havlicek]] roubouna para dar a vitoria a Boston.
 
Chamberlain foi a peza central dos 76ers de [[1967]] que incluían aos por entón futuros membros do [[Basketball Hall of Fame|Hall of Fame]] Greer e [[Billy Cunningham]], ademais doutros xogadores fundamentais como Chet Walker e Luke Jackson e Rubén Graza. Nos primeiros 50 partidos da liga o equipo levaba un balance de 46-4, indo en progresión por entón de conseguir 68 triunfos. En playoffs por fin venceron aos Celtics, cortándolles así a súa serie de oito aneis consecutivos, antes de conseguir o título da NBA ante San Francisco Warriors en seis partidos. Nesa serie, Wilt promedió uns relativamente modestos 17,7 puntos por partidos, aínda que tamén uns incribles 28.7 rebotes por encontro. De feito, o seu peor partido na faceta reboteadora foi o sexto, con 23. Esta fazaña é máis asombrosa tendo en conta que o pivote rival era o impoñente [[Nate Thurmond]], que promediou 26,7 rebotes nesa serie. Chamberlain e Thurmond convertéronse nos 5º e 6º xogadores (e últimos até a data) en capturar máis de 20 rebotes en cada un dos partidos das [[Finais da NBA]]. En [[1980]], eses Philadelphia 76ers foron votados como o mellor equipo dos primeiros 35 anos de competición. O propio Wilt dixo que ese foi o mellor equipo da historia. Chamberlain recibiu o seu terceiro [[MVP NBA|MVP]] esa tempada.<ref name="bio" /> En [[1967]]-[[1968|68]], Chamberlain foi nomeado [[MVP NBA|MVP]] por cuarta e última vez, mentres se convertía no primeiro pivote en liderar a liga en asistencias da historia, con 702 e 8,6 de media. Por terceiro ano consecutivo, os 76ers tiveron o mellor rexistro da liga, pero os Celtics elimináronlles en sete partidos nas Finais de Conferencia Leste.<ref>[http://www.nba.com/history/awards/19671968.html Postseason Awards - 1967-68] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090115095025/http://www.nba.com/history/awards/19671968.html |date=15 de xaneiro de 2009 }} NBA.com</ref>
 
=== Os Angeles Lakers ===
Liña 79:
En [[1971]] os Lakers realizaron un notable movemento asinando ao antigo xogador dos Celtics [[Bill Sharman]] como adestrador. Sharman explotou todas as calidades defensivas de Chamberlain. Este experimento resultou ser moi exitoso, sendo Wilt elixido no mellor quinteto defensivo da tempada por primeira vez na súa carreira, e cos Lakers batendo o seu récord de vitorias, 69, incluíndo o mítico refacho de 33 vitorias consecutivas, a máis longa na historia do deporte americano profesional. Chamberlain, pouco impresionado, ironizou: "''Eu xoguei cos Harlem Globetrotters e gañamos 445 partidos seguidos''".
 
Chamberlain e West gañarían o seu primeiro e único título cos Lakers en [[1972]], na primeira tempada sen Baylor. Este equipo tamén incluía aos beirados Jim McMillian, un anotador, e ao especialista reboteador e defensivo [[Happy Hairston]].<ref>{{Cita web |url=http://www.nba.com/history/finals/19711972.html |título=Lakers' Legendary Season Leads to Elusive Title |data-acceso=20 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20101119021335/http://www.nba.com/history/finals/19711972.html |dataarquivo=19 de novembro de 2010 |urlmorta=si }}</ref> Nas series ante os Knicks, Wilt promedió 19,2 puntos por partido, sendo elixido [[MVP das Finais da NBA|MVP das Finais]], principalmente pola súa incrible achega no rebote. No partido final anotou 23 puntos e recolleu 29 rebotes, a pesar de ter danada a súa boneca dereita. Durante a serie promedió 23,2 rebotes por encontro, á idade de 36.<ref>[{{Cita web |url=http://www.nba.com/history/rebounds/19711972.html |título=Rebounds - 1971-72] |data-acceso=20 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20151121162921/http://www.nba.com/history/rebounds/19711972.html |dataarquivo=21 de novembro de 2015 |urlmorta=si }}</ref> Ao ano seguinte, a que sería a súa última tempada como xogador profesional con 37 anos, Chamberlain aínda lideraba a liga en rebotes cunha media de 18,6, mentres asinaba unha marca NBA grazas á súa 72,7% en tiros de campo.
 
{{Cita|Miro cara atrás e vexo que o meu primeiros sete anos comparados cos meus sete últimos son unha broma en termos de anotación. Parei de lanzar porque os adestradores pedíronme facelo e fíxeno. Ás veces pregúntome se iso foi un erro.|''Wilt Chamberlain, falando en Philadelphia Daily News''}}
Liña 170:
 
=== O partido dos 100 puntos ===
Antes da tempada [[Tempada 1961-62 da NBA|1961-62]], a marca de máis puntos nun partido posuíao [[Elgin Baylor]] dos Lakers con 71. O [[8 de decembro]] de [[1961]], os Warriors xogaron ante os Lakers e Chamberlain anotou 78 puntos, superando a marca de Baylor, nun partido de tres prórrogas. O lendario comentarista dos Lakers "Chick" Hearn a miúdo contou a historia de que preguntou a Baylor ao finalizar o partido se estaba molesto por perder a marca daquel xeito, con Wilt tendo quince minutos suplementarios no partido para exceder o seu rexistro. Segundo Hearn, Baylor non estaba preocupado porque "un día, o tipo anotará 100 puntos".<ref>[{{Cita web |url=http://www.nba.com/history/wilt100_moments.html |título=Wilt Scores 100!] |data-acceso=20 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110309060438/http://www.nba.com/history/wilt100_moments.html |dataarquivo=09 de marzo de 2011 |urlmorta=si }}</ref>
 
Menos de tres meses máis tarde, o [[2 de marzo]] de [[1962]], nunha vitoria sobre os Knicks por 169-147 no Hersheypark Area en Hershey, [[Pensilvania]], Wilt Chamberlain anotou nin máis nin menos que 100 puntos (59 na segunda metade). De feito, dise que Chamberlain anotou a última canastra a falta de 46 segundos para o final, pero xa non había nada que puidese facer parar ao xentío sobre a cancha de xogo. Debido a que o partido non foi televisado, non existen imaxes nin vídeos do mesmo, aínda que si unha gravación de audio da emisión de radio do partido.