KK Cibona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
m →‎Curiosidades: {{Curiosidades}}
Liña 39:
Foi fundado en [[1946]] co nome de BC Sloboda (palabra que en [[Lingua croata|croata]] significa "liberdade"). O club trocou de nome en [[1950]] para denominarse Lokomotiva ata [[1975]], cando pasou a denominarse "Cibona" ao adoptar o nome do seu patrocinador, unha empresa de alimentación. A inxección económica que supuxo a chegada do patrocinador, e a aparición dunha extraordinaria xeración de xoves xogadores croatas permitiu que o club vivira os seus mellores nos anos [[1980|oitenta]] cando, liderados por [[Dražen Petrović]], converteuse nun dos mellores conxuntos de [[Europa]]. Chegou a conquistar dúas [[Euroliga|copas de Europa]], dúas [[Recopa de Europa de Baloncesto|Recopas de Europa]] e unha [[Copa Korać]], ademais de dominar claramente o baloncesto [[Iugoslavia|iugoslavo]]. Trala desintegración de [[Iugoslavia]], o Cibona consolidouse como un dos dous grandes dominadores do baloncesto croata, xunto ao [[KK Split]].
 
=== Curiosidades ===
{{Curiosidades}}=
Ao comezo da [[Guerra dos Balcáns]] en [[1991]], o equipo viuse obrigado a emigrar para poder xogar os seus partidos nunha zona co mínimo de garantías esixidas pola [[FIBA]]. Porén estivo xogando durante dous anos en [[España]] (tempadas [[1991]]-[[1992|92]] e [[1992]]-[[1993|93]]), concretamente en [[Puerto Real]] ([[Provincia de Cádiz|Cádiz]]),<ref>{{cita web|url=http://elpais.com/diario/1991/10/15/deportes/687481207_850215.html|título=El Cibona jugará la Liga Europea en Puerto Real|autor=Yélamo, Antonio|obra=El País|lingua=castelán|data=15 de outubro de 1991|dataacceso=11 de setembro de 2015}}</ref> onde xa xogara anos atrás (1986 e 1987) no Torneo Internacional de Baloncesto Real Villa de Puerto Real, Memorial [[Héctor Quiroga]], que se celebrou entre os anos [[1984]] e [[1991]] e que foi considerado na súa época como un dos mellores torneos de [[verán]] de baloncesto de [[España]] e [[Europa]].