Philadelphia 76ers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 74:
O [[16 de xuño]] de [[1986]], Katz fixo dous dos traspasos máis controvertidos e criticados na historia da franquía, traspasando a [[Moses Malone]] a [[Washington Bullets|Washington]] e a primeira elección do draft de 1986 (que fora obtido de [[San Diego Clippers]] nun traspaso por [[Joe Bryant]] en [[1979]]) a [[Cleveland Cavaliers]]. A cambio diso, os Sixers recibiron a [[Roy Hinson]], [[Jeff Ruland]] e [[Cliff Robinson]], ningún dos cales xogaría máis de tres tempadas co equipo. Cleveland, entre tanto, capitalizou a súa elección nun futuro estrela [[Brad Daugherty]]. Os 76ers regresaron aos play-offs en [[Tempada 1986-87 da NBA|1986-87]], pero víronse derrotados por Milwaukee.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19861987.html 1987 Playoff Results] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100523132251/http://www.nba.com/history/playoffs/19861987.html |date=23 de maio de 2010 }}</ref> En [[tempada 1987-88 da NBA|1987-88]], cun récord de 20–23, Guokas foi despedido e substituído polo asistente [[Jim Lynam]]. Lynam finalizou a tempada 16-13, e o equipo con 36-46, errando en alcanzar a postempada por primeira vez dende [[Tempada 1974-75 da NBA|1974-75]]. Philadelphia seleccionou a [[Charles Smith]] coa súa primeira elección no draft de [[1988]], para logo traspasalo a [[Los Angeles Clippers]] pola súa primeira elección, [[Hersey Hawkins]]. En cinco tempadas cos Sixers, Hawkins promediou 19 puntos por partido, e abandonou o equipo como líder histórico en triplas intentadas e anotadas.
 
En [[Tempada 1988-89 da NBA|1988-89]], Philadelphia volveu aos play-offs tras un ano de ausencia, pero foron varridos na primeira rolda polos [[New York Knicks]].<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19881989.html 1989 Playoff Results] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100523163018/http://www.nba.com/history/playoffs/19881989.html |date=23 de maio de 2010 }}</ref> En [[Tempada 1989-90 da NBA|1989-90]], Barkley rematou segundo na votación do MVP da NBA, mentres que o equipo gañou o título de división. Tras derrotar a [[Cleveland Cavaliers]] na primeira rolda de play-offs, Philadelphia enfrontouse aos [[Chicago Bulls]] de [[Michael Jordan]]. Foron vencidos polos Bulls en cinco partidos,<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19891990.html 1990 Playoff Results] {{Webarchive|url=https://www.webcitation.org/67noHesn4?url=http://www.nba.com/history/playoffs/19891990.html |date=20 de maio de 2012 }}</ref> e repetirían a súa actuación ao ano seguinte, [[1991]], varrendo aos Bucks na primeira rolda. Algunhas persoas pensan que as derrotas en postempada fronte a Chicago foron o comezo do fin da estadía de Barkley en Philadelphia. Na [[Tempada 1991-92 da NBA|1991-92]], os 76ers non participaron na postempada por segunda ocasión nos oito anos que Barkley estivo no equipo. O [[17 de xuño]] de [[1992]], Barkley foi traspasado aos Phoenix Suns a cambio de [[Jeff Hornacek]], [[Tim Perry]] e [[Andrew Lang]].
 
=== "A época escura" ===