Exipto (provincia romana): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 116:
A estrutura social en Exipto baixo os romanos era única e complicada. Por unha banda, os romanos seguiron empregando moitas das mesmas tácticas de organización que aplicaban os líderes do período ptolemaico. Ao mesmo tempo, os romanos viron aos gregos de Exipto como "exipcios", unha idea de que os nativos e os gregos rexeitarían.<ref name="Oxyrhynchus and Rome, p.3">{{Cita publicación periódica |first=E. G. |last=Turner |title=Oxyrhynchus and Rome |journal=[[Harvard Studies in Classical Philology]] |volume=79 |issue= |year=1975 |pages=1–24 [p. 3] |jstor=311126 }}</ref> Para complicar aínda máis a situación, os xudeus, que estaban moi helenizados en xeral, tiñan as súas propias comunidades, separadas dos gregos e dos nativos exipcios.<ref name="Oxyrhynchus and Rome, p.3" />
 
Os romanos comezaron un sistema de xerarquía social que xiraba en torno á etnia e ao lugar de residencia. AparteA parte dos cidadáns romanos, un cidadán grego dunha das cidades gregas tiña o status máis alto e un exipcio rural estaría na clase máis baixa.<ref>{{Cita publicación periódica |first=Richard |last=Alston |title=Philo's In Flaccum: Ethnicity and Social Space in Roman Alexandria |journal=Greece and Rome |series=Second Series |volume=44 |issue=2 |year=1997 |pages=165–175 [p. 166] |doi=10.1093/gr/44.2.165 }}</ref> Entre estas clases atopábase a metropolitaha, que era case con seguridade de orixe helénico. Gañar a cidadanía e subir posicións era moi difícil e non había moitas opcións dispoñibles para o ascenso social.<ref>{{Cita libro |first=Naphtali |last=Lewis |chapter=Greco-Roman Egypt: Fact or Fiction? |title=On Government and Law in Roman Egypt |location=Atlanta |publisher=Scholars Press |year=1995 |page=145 |isbn= }}</ref>
 
Unha das formas que moitos seguiron para ascender de clase social era a través do alistamento no exército. Aínda que só os cidadáns romanos podían servir nas lexións, moitos gregos conseguían entrar. Os nativos exipcios podían unirse ás forzas auxiliares e alcanzar a cidadanía despois de licenciarse.<ref>{{Cita publicación periódica |first=Idris H. |last=Bell |title=Hellenic Culture in Egypt |journal=[[Journal of Egyptian Archaeology]] |volume=8 |issue=3/4 |year=1922 |pages=139–155 [p. 148] |jstor=3853691 }}</ref> Os diferentes grupos tiñan diferentes tipos de impostos en función da súa clase social. Os gregos estaban exentos do imposto de capitación, mentres que os habitantes helenizados das capitais dos nomes (subdivisión administrativa) pagaban menos impostos que os nativos exipcios, que non podían entrar no exército e pagaban o imposto completo.<ref>Bell, p.148</ref>