Sátrapa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Lingua
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:دیوار تخت جمشید - ساتراپ‌ها.JPG|miniatura|dereita|280px|Algúns sátrapas do [[Imperio Aqueménida]].]]
[[Ficheiro:Provinces of the Achaemenid empire.png|thumb|250px|Mapa coas provincias (satrapías) do antigo [[Imperio aqueménida]] ou persa]]
'''Sátrapa'''<ref>{{DRAG|sátrapa}}</ref> (en [[lingua grega|grego]]: σατράπης ''satrápēs'', do antigo [[lingua persa|persa]] ''xšaθrapā(van)'', «protector da terra/país») é o nome que se deu aos gobernadores das provincias dos antigos imperios [[Media (Oriente Medio)|Medo]] e [[Imperio Persa|Persa]], incluíndo a [[Dinastía aqueménida|dinastía Aqueménida]] e varios dos seus herdeiros, tales como o [[Imperio Sasánida]] e os imperios [[Período helenístico|helenísticos]].<ref>{{Cita web|url=https://www.merriam-webster.com/dictionary/satrap|páxina-web=merriam-webster.com|título=satrap|data-acceso=31-7-2019}}</ref>
 
== Sátrapas medo-persas ==
Liña 11:
 
O sátrapa encargábase do cobro dos impostos, controlaba os oficiais locais e as tribos e cidades vasallas, e era o [[xuíz]] supremo da provincia, ante o cal cada criminal debía ser levado para ser xulgado. Tamén era o responsable da seguridade dos camiños, e tiña que eliminar os fuxidos e rebeldes. Para cumprir coas súas funcións contaba coa axuda dun consello de persas, e era controlado polo secretario real e os emisarios do rei, en especial polo funcionario "ollos e oídos do rei", quen facía unha inspección anual e exercía un control permanente.
[[Ficheiro:Diadochi satraps babylon.png|miniatura|Satrapías creadas trala morte de [[Alexandre o Grande]]]]
 
== Sátrapas helenísticos ==
A administración por medio de satrapías e o título de sátrapa en si foron preservados, ata para funcionarios greco-macedonios, por [[Alexandre o Grande|Alexandre Magno]], quen conquistou o Imperio Persa e ata o ampliou, e polos seus sucesores, os [[Diádocos]] (e as súas dinastías) que o dividiron, en especial no [[Imperio Seléucida]], onde o sátrapa era xeralmente designado como [[strategosEstratego|estrategos]]; pero as súas provincias eran moito máis pequenas que as que mantiñan os persas.
 
== Sátrapas partos e sasánidas ==
No [[Partos|Imperio parto]], o poder do rei baseábase no apoio de familias [[nobreza|nobres]] que gobernaban grandes estados, e provían de soldados e tributos o rei. As cidades-estado dentro do imperio gozaban de certo grao de independencia, e pagaban tributo ao rei. A administración do [[Imperio Sasánida]] era considerablemente máis centralizada que a do Imperio Parto; o sistema de goberno de reinos semi-independentes e cidades-estado independentes do Imperio Parto foi substituído por un sistema de "cidades reais" que servía de sede de gobernadores designados pola administración central chamados "shahrabs" así como tamén de [[guarnición]]s militares. Os ''shahrabs'' gobernaban tanto a cidade como os [[distrito]]s rurais próximos.
 
=== Outros usos do termo ===
 
Tamén se coñece con este cualificativo ao home sagaz, que sabe gobernar con astucia e intelixencia, ou que goberna despóticamentedespoticamente. Por exemplo: O ditador dominicano [[Rafael Leónidas Trujillo|Rafael Leónidas Trujillo Molina]] foi coñecido como o ''sátrapa'', logo da súa morte.
==Notas==
{{Listaref}}