Partit Socialista Unificat de Catalunya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Fundación: Partido Obrero de Unificación Marxista
arranxiños
Liña 2:
 
==Fundación==
O PSUC foi fundado o [[23 de xullo]] de [[1936]] no ''Bar del Pi'' de [[Barcelona]], como resultado da fusión da [[Unió Socialista de Catalunya]], do [[Partit Comunista de Catalunya]], o [[Partit Català Proletari]] e a Federación Catalá do [[Partido Socialista Obrero Español|PSOE]]. A idea da fusión das forzas obreiras nun só partido toma forza a partir do desenlace dos [[feitos do seis de outubro]] de 1934 e da experiencia unitaria das alianzas obreiras.
 
Despois de conversas e debates internos no seno dos partidos obreiros catalán, non se acaba de asumir a completa unidade, e tanto o [[Bloc Obrer i Camperol]] como o pequeno grupo da [[Esquerra Comunista]] crean o [[Partido Obrero de Unificación Marxista|POUM]]. Os outros partidos, tras constituír unha comisión de enlace, acordan os principios do PSUC: partido nacional e de clase, de ideoloxía [[Marxismo|marxista]]-[[Leninismo|leninista]] e adscrito á [[Terceira Internacional|Internacional Comunista]], sendo o primeiro caso de aceptar esta a dous membros dun mesmo estado. Foi escollido como secretario xeral [[Joan Comorera]], e estableceu a súa central no Hotel Colón, requisado polo sindicato [[Unión General de Trabajadores|UGT]], na céntrica Plaza de Catalunya de Barcelona.
 
Durante a [[Guerra civil española|guerra civil]] formou parte do goberno da [[Generalitat de Cataluña|Generalitat]], en aplicación da súa consigna de unidade de forzas antifascistas. O PSUC, seguindo as ordes dos axentes da [[Unión Soviética]], perseguiu ó POUM, e ós [[anarquismo|anarquistas]] da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]] e da [[Federación Anarquista Ibérica|FAI]] durante os [[sucesos de maio]]. No exilio francés colaboraron na resistencia contra a ocupación [[Nazismo|nazi]], e algúns dos seus dirixentes, como [[Josep Miret i Musté]], morreron en [[Campo de concentración|campos de concentración]].
 
==Clandestinidade==
O partido adheriuse á [[Terceira Internacional]] como partido independente do [[Partido Comunista de España|PCE]], o que provocou a longo prazo a caída do secretario xeral, [[Joan Comorera]], en 1949, e a marcha de dirixentes históricos da [[Unió Socialista de Catalunya]] cara o novo [[Moviment Socialista de Catalunya]].
 
No interior levan a cabo unha forte labor clandestina, o que provoca unha forte represión. En xaneiro de 1940 foi detida a primeira dirección do PSUC na clandestinidade. [[Alejandro Matos]] foi asasinado na comisaría. [[Otilio Alba]] e [[Tomás Pons]] foron fusilados. En 1942 foron fusilados [[Jaume Girabau]], [[Isidoro Diéguez]] e [[Jesús Larrañaga]], chegados clandestinametneclandestinamente desde [[México]] e detidos na fronteira de [[Portugal]]. Máis éxito tiveron en 1943 [[Josep Serradell]] ''Román'' e [[Margarida Abril]], cando [[Joaquim Puig i Pidemunt]] volveu a editar o voceiro ''[[Treball]]'', e en 1944 [[Miquel Núñez González]] dirixía a [[Agrupació Guerrillera de Catalunya]]. En 1945 acordouse a "Resolució de març", primeira elaboración política do PSUC realizada no interior onde se propón o impulso da loita guerrilleira, a unidade antifascista, e a confianza na vitoria dos aliados.
 
Pero seguiron as baixas e a represión. En 1946 son fusilados [[Francesc Serret]] e [[Joan Arévalo]], e en 1947 tivo lugar a denominada ''caiguda dels vuitanta''. En 1948 chegou a Cataluña [[Gregori López Raimundo]], e o partido acordou a disolución dos grupos guerrilleiros. En 1949 foron fusilados en Barcelona [[Joaquim Puig Puidemunt]], [[Numen Mestre Ferrando]], [[Ángel Carrero]] e [[Pere Valverde]]. Ademais, Comorera foi expulsado do PSUC e entrou clandestinamente en Cataluña en 1951, onde foi detido polas autoridades franquistas en 1954 e condenado a 30 anos de prisión.
 
=== 1956: I Congreso ===
A dirección do PSUC no exilio quedaba formada por [[Josep Moix]], [[Rafael Vidiella]], [[Wenceslao Colomer]], [[Josep Romeu]], Margarida Abril e [[Pere Ardiaca]]. A dirección no interior tomaba forza. [[Gregori López Raimundo]] foi detido a raíz da folga de tranvía de 1951. En 1956 tivo lugar o I Congreso do PSUC en [[Francia]], onde se propuxo un novo punto de partida político e organizativo. Participaron 50 delegados do exilio e do interior (universitarios e obreiros). Aprobouse a política de ''reconciliación nacional''. O Comité executivo quedou formado por Josep Moix (Secretario xeral), Margarida Abril, Pere Ardiaca, [[Josep Bonifaci]], [[Emili Fàbregas]], [[Gregori López Raimundo]], [[Miquel Núñez González]], [[Carles Rebellón]], [[Josep Serradell]] "Román", [[Antoni Senserrich]] e [[Rafael Vidiella]].
 
O intento de reorganización no interior topou con dificultades polas detención de Emili Fàbregas en 1957 e Miquel Núñez en 1958, que foi condenado a 25 anos de prisión por un consello de guerra. Josep Serradell tomaría aso rédeasmando no interior, conseguindo escapar durante as detencións dos membros do partido Carles Rebellón en 1960, Vicente Cazcarra en 1961, [[Antoni Gutiérrez Díaz]] e Pere Ardiaca en 1962. [[Josep Sendrós]] e [[Leonor Bornau]] encargábanse da coordinación de ''Treball'' e editan unha nova revista, ''[[Horitzons]]''. En 1965 celebrouse o II Congreso do PSUC en Francia, coa participación de 90 delegados, que aproban unha liña de impulso ó movemento estudantil e obreiro. Así mesmo, colaboran na formación de [[Comisiones Obreras]].
 
=== 1965: II Congreso ===
En 1965 celebrouse o II Congreso do PSUC en Francia, coa participación de 90 delegados, que aproban unha liña de impulso ó movemento estudantil e obreiro. Así mesmo, colaboran na formación de [[Comisións Obreiras|Comisiones Obreras]]. A súa tarefa foi fundamental, xunto coa doutras organizacións, á hora de avivar o movemento veciñal, as comisións obreiras, o [[Sindicat Democràtic d'Estudiants]] e outras experiencias de masas. En 1969 participou na [[Coordinadora de Forces Polítiques de Catalunya]] e en 1971 na [[Assemblea de Catalunya]], onde estivo representado por [[Antoni Gutierrez Díaz]]. En 1973 celebrouse o III Congreso do PSUC, coa participación de 200 delegados. En 1975 participou no [[Consell de Forces Polítiques de Catalunya]], enviando como representantes a [[Josep Solé i Barberà]] e [[Gregori López Raimundo]].
 
=== 1973: III Congreso ===
En 1973 celebrouse o III Congreso do PSUC, coa participación de 200 delegados. En 1975 participou no [[Consell de Forces Polítiques de Catalunya]], enviando como representantes a [[Josep Solé i Barberà]] e [[Gregori López Raimundo]]. Dunha escisión na universidade xordexurdira o grupo "[[Unidad]]", a finais dos anos 60, que foifora o xermolo do [[Partit del Treball d'Espanya]], de orientación [[maoísmo|maoísta]]. En 1974, pola contra, ingresaingresou gran parte da [[Organización Comunista de España-Bandera Roja]] (xente como [[Jordi Solé Tura]], [[Alfons Carles Comín]] ou [[Jordi Borja]]). En 1976 participou na convocatoria do [[11 de setembro]] celebrada en [[Sant Boi de Llobregat]], e pouco a pouco foron retornando os exiliados.
 
==Legalización e crecemento==
Pouco despois que o PCE, o PSUC conseguiu a súa legalización en abril de 1977. En poucos días se intensifican as afiliacións e a apertura de locais. Os datos de maior afiliación -segundo a secretaría de organización- estiveron sobre as 40.000 persoas en 1978. Festas como o mitin no cámping "La Tortuga Ligera" foron concentracións de masas onde se viu a forza do partido, o terceiro máis importante de Europa Occidental proporcionalmente.
Nas primeiras eleccións ó [[Parlamento de Cataluña]] (1980) foi a terceira forza política máis votada, con preto de 600.000 votos. Na acción parlamentaria destacaron os seus dirixentes [[Gregori López Raimundo]], [[Antoni Gutiérrez Díaz]], [[Cipriano García Sánchez]], [[Francesc Candel]] e [[Jordi Solé Tura]].
 
As tensións xeradas pola política da transición, ademais de diversas caracterizacións sobre política internacional, provocaron tensións internas que acabaron clamorosamente no quinto congreso do PSUC, aínda que xa foran evidentes na III conferencia política (1979), cando chegou o momento da definición do partido e a inclusión ou non do termo [[leninismo]] nos estatutos.
 
== Crise do quinto congreso, ruptura e decadencia ==
O quinto congreso do PSUC chega logo dun fortísimo debate entre as agrupacións locais e sectoriais, onde hai unha forte crítica do termo "eurocomunismo" por parte das bases e dun certo número de dirixentes. O congreso suprime este termo, pero divide ó partido de xeito profundo en tres sectores, denominados "[[eurocomunismo|eurocomunista]]", "leninista" e "prosoviético". O sector leninista asumirá a secretaría xeral, con [[Francesc Frutos i Gras]], e o prosoviético a presidencia, que corresponde a [[Pere Ardiaca]], fundador do partido en 1936.
 
Estes sucesos fixeron manobrar a [[Santiago Carrillo]], que presionou a [[Francesc Frutos]] para romper cos prosoviéticos. O secretario xeral sofre, por un lado, presións desde Madrid sobre a participación do PSUC no futuro congreso do PCE, e sobre as relacións do PCE en Cataluña, que se poden ver tocadas. Por outra banda, tanto o sector eurocomunista como o prosoviético traballan a diario de forma fraccional, para preparar un máis que seguro congreso extraordinario de normalización.
 
Unha conferencia nacional e o descubrimento do traballo fraccionalfracional dos prosoviéticos, coa forte presión de Carrillo, leva ó sector leninista a recuar e pactar cos euroseurocomunistas. Os documentos fraccionaisfracionais levan a sancionar con expulsións e sancións a unha terceira parte do comité central, a corresponente ó sector prosoviético. En 1982, os expulsados e os sancionados, logo dun forte traballo de afiliacións, convocarán o seu congreso fundacional.
 
O novo partido arrastra unha parte importante da afiliación, e conseguirá sumar a xente que ía marchar. Despois de todo, nin o PSUC nin o novo [[Partit dels Comunistes de Catalunya]] (PCC) acadarán logros electorais de importancia. Despois do sexto congreso [[Antoni Gutiérrez Díaz]] asume a secretaría xeral.
 
== Reagrupamentos da esquerda. Creación de IC e congreso de unidade comunista ==
As fortes mobilizacións contra o ingreso de España na [[OTAN]] propician un proceso de converxencia política coa creación da federación [[Iniciativa per Catalunya Verds|Iniciativa per Catalunya]] (IC), idea lanzada polo PSUC co PCC e [[PartitEntesa dels ComunistesNacionalistes d'Esquerra]]. A principios de 1989 o PSUC promove un congreso de unidade comunista incorporando os restos de [[Bandera Roja]], do [[Partit del Treball de Catalunya|PCCPartit del Treball-Unitat Comunista]] e un número importante de líderes do [[EntesaPartit dels NacionalistesComunistes d'Esquerrade Catalunya|PCC]].
 
A XI conferencia nacional do PSUC acorda ceder certas competencias políticas a IC, que xa non conta co [[Partit dels Comunistes de Catalunya|PCC]]. Porén, de feito, o partido perde a súa vida organica e fica conxelado. Esta situación prolóngase de forma indefinida ata o IX Congreso do PSUC, convocado tempo despois do anterior, que data de 1988.
A principios de 1989 o PSUC promove un congreso de unidade comunista incorporando os restos de [[Bandera Roja]], do [[Partit del Treball de Catalunya|Partit del Treball-Unitat Comunista]] e un número importante de líderes do [[Partit dels Comunistes de Catalunya|PCC]]
 
A XI conferencia nacional do PSUC acorda ceder certas competencias políticas a IC, que xa non conta co [[Partit dels Comunistes de Catalunya|PCC]]. Porén, de feito, o partido perde a súa vida organica e fica conxelado.
 
Esta situación prolóngase de forma indefinida ata o IX Congreso do PSUC, convocado tempo despois do anterior, que data de 1988.
 
== O IX Congreso. Conxelación e nova ruptura ==
A mediados dos 90, unha parte de dirixentes do partido impulsan unha corrente reclamando a revitalización do partido, se ben no seo do IC, pero mantendo a vida orgánica e a actividade. Consideran incompletos os acordos da conferencia nacional de 1990 e piden un congreso onde se clarifique a situación. Convócase o congreso para marzo de 1997, sen documentos e sen período de debate.
 
Conséguese que a dirección de [[Rafael Ribó]] acepte estas pretensións iniciais. Cunha estrutura territorial e sectorial conxelada, o PSUC escolle a só 300 delegados para o IX congreso, o último ata o momento. A dirección desequilibra as cifras nomeando como delegados natos ós 150 membros da dirección saínte. Isto crea unhas cifrescifras ó plenario que, por un lado, impiden á maioría (un 56%) obter os votos necesarios para a disolución, pero a maioría non ten o suficiente apoio para aprobar unha revitalización (sobre un 40%)
 
O congreso aproba un comité central monolítico, formado exclusivamente pola lista máis votada, dada a potestade exclusiva de afiliación á dirección central e non ás agrupacións, e elimina a figura do secretario xeral. Non quedan claras as funcións do partido, que de forma definitiva desaparece, sendo hoxe en díaadía un nome xurídico sen ningunha actividade política.
 
O sector do partido descontento con esta tendencia, denominado [[Manifest pel PSUC]], forma en 1998 o [[PSUC-viu]], integrado en [[Esquerra Unida i Alternativa]] (EUiA). Entre os dirixentes que conforman o novo partido, encóntranse antigos cadros procedentes do PCC, dirixentes como [[Ramón Luque]], [[Antoni Luchetti]] ou Alfred Clemente, e o histórico líder comunista catalán [[Gregori López Raimundo]].
 
==Secretarios xerais do PSUC==
Liña 66 ⟶ 65:
*1982-1986 [[Antoni Gutiérrez Díaz]].
*1986-1997 [[Rafael Ribó]].
*1997- actualitadeactualidade: Dirección colexiada: [[Joaquim Mestre]], [[Rafael Ribó]], [[Simón Rosado]], [[Joan Saura]] e [[Eulàlia Vintró]].
 
== Véxase tamén ==
==Ligazóns externas==
{{commonscat}}
===Ligazóns externas===
 
*[http://www.psuc.cat/ Páxina do PSUC]