Diferenzas entre revisións de «Fernando Alonso»

* Foi o piloto máis novo en acadar unha ''pole'' con 21 anos, 7 meses e 23 días.
* Foi o piloto máis novo en acadar un Campionato do Mundo con 24 anos, 1 mes e 27 días.
 
== Curiosidades ==
{{Curiosidades}}
{{Sen referencias|data=xullo de 2019}}
* É Embaixador de Boa Vontade da UNICEF.
* Practica ciclismo, tenis, natación e fútbol (xoga de porteiro e chegou a rexeitar unha oferta do [[Celta de Vigo]]), sendo os seus equipos preferidos o [[Real Madrid]] e o [[Real Oviedo]]. O seu ídolo deportivo é o ciclista [[Lance Armstrong]].
* Ten múltiples apodos: na súa casa é ''O Nano'' e na pista, ''Magic''.
* Cando sacou o carné de conducir con 18 anos levando un [[Renault]] ''Mégane'', cometeu unha falta leve "por ir demasiado lento". O curioso é que xa era un consumado experto que pilotaba monoprazas a máis de 250 km/h. Segundo el mesmo, durante os días previos ó exame, os seus familiares e coñecidos non facían máis que recordarlle que non correse.
* O cantante Melendi foi con el á súa escola e adicoulle a canción ''"Magic Alonso"'' para o seu 24 aniversario. A canción foi emitida por [[Telecinco]] durante a retransmisión do [[Gran Premio de Hungría]] de 2005.
* No 2006, prestou a súa voz para dobrar a un dos personaxes (el mesmo) da película '''[[Cars]]''', da compañía [[Pixar]].
 
== Polémicas ==
179.742

edicións