Philadelphia 76ers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Recuperando 6 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 42:
 
[[Ficheiro:Wilt Chamberlain.jpg|dereita|196px|miniatura|[[Wilt Chamberlain]] liderou os 76ers no seu primeiro campionato.]]
Durante os primeiros catro anos en Filadelfia, os Sixers xogaron no ''Arena and Civic Center-Convention Hall'', salvo nun ocasional partido en ''[[The Palestra]]'' pertencente á [[Penn Quakers|Universidade de Pensilvania]]. Na [[Tempada 1964-65 da NBA|tempada 1964-65]], contrataron o lendario [[Wilt Chamberlain]] procedente dos Warriors.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/players/chamberlain_bio.html Biografía de Wilt Chamberlain]</ref> Os Sixers debían definir as Finais de Conferencia no sétimo partido da serie fronte a [[Boston Celtics]] no cal caeron derrotados 110–108.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19641965.html 1965 Playoff Results] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20081203110913/http://www.nba.com/history/playoffs/19641965.html |date=03 de decembro de 2008 }}</ref>
 
=== A inesquecible tempada 1966-67 ===
Liña 49:
=== Caída e renacemento dos 76ers ===
[[Ficheiro:Spectrum1.jpg|miniatura|esquerda|260px|[[The Spectrum]] foi o pavillón da franquía dende [[1967]] ata [[1996]].]]
Na [[Tempada 1967-68 da NBA|tempada 1967-68]], cun novo pavillón, [[The Spectrum]], o equipo preparábase para defender o seu título de campión. Alcanzaron novamente a postempada, chegando ás Finais de Conferencia onde se enfrontaban outra vez aos Celtics. Despois dos primeiros catro partidos levaban a dianteira por 3-1, pero o partido egoísta despregado polos Sixers foi a súa ruína, cos Celtics remontando a serie para vencer en sete partidos. Alcanzaron novamente a postempada, chegando ás Finais de Conferencia onde se enfrontaban outra vez aos Celtics.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19661967.html 1967 Playoff Results] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090116030155/http://www.nba.com/history/playoffs/19661967.html |date=16 de xaneiro de 2009 }}</ref> Ao final da tempada, os 76ers enviaron a Chamberlain a [[Los Angeles Lakers]] a cambio de tres xogadores de perfil baixo. O cambio foi un dos máis desparellados da historia, e o equipo entrou entón en caída libre.
 
Nas tres seguintes tempadas os Sixers non lograron pasar a segunda rolda dos play-offs; nos play-offs de [[1969]] caeron de novo ante os Celtics, en 5 partidos, sendo ademais [[Milwaukee Bucks]] e [[Baltimore Bullets]] os seus verdugos nas dúas seguintes postempadas. En [[Tempada 1971-72 da NBA|1971-72]], a só cinco anos de conseguir o campionato, finalizaron cun récord de 30-52 e non chegaron á postempada por primeira vez na historia da franquía.
Liña 59:
=== Dr. J e os 76ers ===
 
A [[tempada 1976-77 da NBA|tempada 1976-77]] será recordada por ser o ano en que [[Julius Erving]] -proveniente de [[New York Nets|New York Nets-]] se uniu ao equipo, mentres o equipo era adquirido polo filántropo local F. Eugene "Fitz" Dixon, neto de George Dunton Widener e herdeiro da súa fortuna. Chegaron ás Finais de Conferencia tras derrotar ao seu rival histórico, os Celtics, en sete partidos. Nesa instancia, venceron a Houston Rockets, liderado polo futuro sixer Moses Malone, en seis partidos para avanzar ás Finais da NBA. Alí perderían fronte ao equipo dirixido polo seu antigo adestrador Jack Ramsay e liderados dende a cancha por Bill Walton, Portland Trail Blazers, a pesar de comezar gañando a serie 2-0.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/finals/19761977.html 1977 NBA Finals] {{Webarchive|url=https://www.webcitation.org/65cUo5Djd?url=http://www.nba.com/history/finals/19761977.html |date=21 de febreiro de 2012 }}</ref>
 
Nos play-offs da tempada [[tempada 1977-78 da NBA|1977-78]] caeron fronte ao que sería o campión, [[Washington Bullets]].<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19771978.html 1978 Playoff Results] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090416054755/http://www.nba.com/history/playoffs/19771978.html |date=16 de abril de 2009 }}</ref> As seguintes catro tempadas, os Sixers estiveron moi preto de obter un novo campionato, incluso logo de contratar coma adestrador ao ex-xogador [[Billy Cunningham]]. Nas Finais de [[1980]] fronte a [[Los Angeles Lakers]], perderon por 4-2.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19791980.html 1980 Playoff Results]</ref> No sexto partido, o ''rookie'' [[Magic Johnson]] xogou coma pivote para os Lakers no lugar de [[Kareem Abdul-Jabbar]] (quen non participou ao sufrir unha escordadura de nocello no partido anterior) anotando 42 puntos. Nas Finais de Conferencia de [[1981]], comezaron gañando 3-1 a serie para logo perder no sétimo encontro.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19801981.html 1981 Playoff Results] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090305052447/http://www.nba.com/history/playoffs/19801981.html |date=05 de marzo de 2009 }}</ref> Na seguinte tempada, os 76ers enfrontáronse novamente cos Celtics nas Finais da [[Conferencia Leste]], comezando a serie da mesma maneira cá anterior só para ver coma os Celtics lograban empatarlle a serie 3-3. As opcións de gañar víanse diminuídas por xogarse o partido no [[Boston Garden]]. Desta vez, xogarían dunha maneira agresiva e intelixente, conseguindo a vitoria por 120-106.
 
=== A histórica tempada 1982-83 ===
Harold Katz comproulle os 76ers a Dixon en [[1982]]. Segundo a súa mirada, a última peza do crebacabezas para lograr o campionato de [[Tempada 1982-83 da NBA|1982-83]] foi a contratación do pivote [[Moses Malone]] de [[Houston Rockets]]. Liderados polo integrante do [[Basketball Hall of Fame|Salón da Fama]] [[Julius Erving]] e xogadores do talle de [[Maurice Cheeks]], [[Andrew Toney]] e [[Bobby Jones (xogador de baloncesto)|Bobby Jones]] dominaron a tempada regular, gañando 65 partidos, sendo aínda a segunda tempada con maior vitorias na historia da franquía.<ref>basketball-reference.com [http://www.basketball-reference.com/teams/PHI/1983.html 1982-83 Philadelphia 76ers]</ref> Malone foi nomeado [[Most Valuable Player (NBA)|xogador máis valioso]]. Cando os reporteiros lle preguntaron que pasaría nos play-offs, el contestou, ''four, four, four'' (catro, catro, catro), noutras palabras, predicindo que os Sixers varrerían as 3 series en 4 partidos, co mínimo posible de 12 partidos en total.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/83sixers.html 1982-83 Philadelphia 76ers] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090529191859/http://www.nba.com/history/83sixers.html |date=29 de maio de 2009 }}</ref>
A pesar de que as series non foron coma Malone predixo, non lles tomou moito traballo pasar ás Finais da NBA vencendo a [[New York Knicks]] en 4 partidos primeiro, e a [[Milwaukee Bucks]] despois en 5 partidos. Os Sixers gañarían o seu terceiro campionato (o 2º en Filadelfia) en 4 partidos a [[Los Angeles Lakers]], que os venceran na tempada anterior. Malone foi nomeado xogador máis valioso dos play-offs. O seu récord de 12-1 é o segundo mellor na historia da liga só superado polo logrado polos Lakers na [[Tempada 2000-01 da NBA|tempada 2000-2001]] de 15-1 no camiño para conseguir o campionato, curiosamente vencendo aos Sixers nas Finais.<ref>basketball-reference.com [http://www.basketball-reference.com/leagues/NBA_1983.html 1982-83 NBA Season Summary]</ref>
Liña 70:
=== Chega Charles Barkley ===
[[Ficheiro:CharlesBarkley.jpg|miniatura|dereita|140px|[[Charles Barkley]], referente dos Sixers nos 80]]
Tras unha decepcionante tempada en [[Tempada 1983-84 da NBA|1983-84]], [[Charles Barkley]] chegou a [[Filadelfia]] na [[Tempada 1984-85 da NBA|seguinte tempada]]. Durante as próximas tempadas, Barkley encantaría aos seareiros dos Sixers grazas á súa forma de ser, gracioso e ás veces controvertido. Os 76ers volveron ás Finais de Conferencia, pero perderon contra os Celtics en cinco partidos.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19831984.html 1984 Playoff Results] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090309091725/http://www.nba.com/history/playoffs/19831984.html |date=09 de marzo de 2009 }}</ref> Para a tempada seguinte, [[Matt Guokas]] susbstituíu a [[Billy Cunningham]] como adestrador, liderando o equipo cara á segunda rolda dos play-offs en [[Tempada 1985-86 da NBA|1985-86]], onde foi derrotado por [[Milwaukee Bucks]] en sete partidos.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19851986.html 1986 Playoff Results]</ref>
 
O [[16 de xuño]] de [[1986]], Katz fixo dous dos traspasos máis controvertidos e criticados na historia da franquía, traspasando a [[Moses Malone]] a [[Washington Bullets|Washington]] e a primeira elección do draft de 1986 (que fora obtido de [[San Diego Clippers]] nun traspaso por [[Joe Bryant]] en [[1979]]) a [[Cleveland Cavaliers]]. A cambio diso, os Sixers recibiron a [[Roy Hinson]], [[Jeff Ruland]] e [[Cliff Robinson]], ningún dos cales xogaría máis de tres tempadas co equipo. Cleveland, entre tanto, capitalizou a súa elección nun futuro estrela [[Brad Daugherty]]. Os 76ers regresaron aos play-offs en [[Tempada 1986-87 da NBA|1986-87]], pero víronse derrotados por Milwaukee.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19861987.html 1987 Playoff Results] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100523132251/http://www.nba.com/history/playoffs/19861987.html |date=23 de maio de 2010 }}</ref> En [[tempada 1987-88 da NBA|1987-88]], cun récord de 20–23, Guokas foi despedido e substituído polo asistente [[Jim Lynam]]. Lynam finalizou a tempada 16-13, e o equipo con 36-46, errando en alcanzar a postempada por primeira vez dende [[Tempada 1974-75 da NBA|1974-75]]. Philadelphia seleccionou a [[Charles Smith]] coa súa primeira elección no draft de [[1988]], para logo traspasalo a [[Los Angeles Clippers]] pola súa primeira elección, [[Hersey Hawkins]]. En cinco tempadas cos Sixers, Hawkins promediou 19 puntos por partido, e abandonou o equipo como líder histórico en triplas intentadas e anotadas.