Diferenzas entre revisións de «Jokin Gorostidi»

 
Segundo o seu propio testemuño, Gorostidi abandonou ETA en 1970 e a partir de entón a súa relación coa banda limitouse a mediar entre os terroristas e o Goberno español de [[Unión de Centro Democrático|UCD]] entre 1980 e 1982. A principios de 1980, mentres facía de correo entre o Goberno da UCD e a dirección de ETA ([[Txomin Iturbe]] e [[Eugenio Etxebeste]]) foi ferido en [[Biarritz]] (Francia) nun tiroteo que enfrontou aos dirixentes de ETA coa policía francesa.
 
=== Participación en política ===
Tras saír do cárcere pasou a militar na organización política independentista e socialista [[Herri Alderdi Sozialista Iraultzailea]] (HASI, nome en [[Lingua éuscara|éuscaro]] traducible como Partido Socialista Revolucionario Popular). En [[1978]] HASI foi un dos partidos políticos que formaron a coalición electoral [[Herri Batasuna]] (HB). Dende a fundación de Herri Batasuna en outubro de 1978 até abril de 1992, Gorostidi formou parte da Mesa Nacional (dirección colexiada) de HB.
 
204.852

edicións