Kalandraka: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
cat e wikificar
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''KalandraKalandraka''' é unha editorial [[Pontevedra|pontevedresa]] especializada na edición de libros infantís. Naceu no ano 1998, baixo a inspiración dun grupo de persoas ligadas ao mundo do ensino e da literatura infantil nas súas vertentes de animadores, autores, ou difusores.<br>Iniciouse con dúas coleccións. ''Demademora'' pretendía recoller a obra dos escritores e autores actuais. ''Os Contos do Trasno Comodín'' acollía as adaptacións dos contos clásicos ou a versión dos contos populares de diferentes culturas.<br>Ao longo destes anos foi diversificando a súa producción con novas coleccións: ''Tras os Montes'', para recoller obras xa publicadas no extranxeiro, ''Seteleguas'' e Tiramillas'', para lectores de entre 8 e 10 anos, e 10 a 12, respectivamente.
Pouco despois da súa fundación ábrense ao mercado en [[castelán]], [[éuscaro]], [[catalán]] e [[portugués]]. Foi a primeira editorial galega que tentou a introdución nas áreas de lingua non galega.