Midland F1 Racing: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
desminte > desmente
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 54:
Os rumores de venda, que xurdiran dende poucos meses despois de que Shnaider mercara Jordan, volveron de novo a mediados da tempada de 2006 {{Cómpre referencia}}, esta vez traídos polos medios holandeses {{Cómpre referencia}}. Falábase dun prezo de compra de 128 millóns de dólares<ref>{{En}} [http://www.manipef1.com/news/2006/index.php?id=928 Outro equipo de Fórmula 1 á venda?] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070927201056/http://www.manipef1.com/news/2006/index.php?id=928 |date=27 de setembro de 2007 }}</ref>, debido a que tralo anuncio do ingreso de [[Prodrive]] para o [[Campionato mundial de Fórmula 1 de 2008|2008]] pecháronse tódalas posibilidades de entrada de novas escuderías na categoría {{Cómpre referencia}}, sendo 12 o número máximo de participantes por mor da configuración dos boxes dos circuítos, feitos con ese número de garaxes {{Cómpre referencia}}. Isto fixo que o prezo de mercado de cada equipo aumentara {{Cómpre referencia}}.
 
O [[10 de setembro]], anunciouse oficialmente a venda da escudería a [[Spyker Cars]]<ref>{{Es}} [http://www.f1racing.net/es/news.php?newsID=129489 Oficial: MF1 Racing vendido a Spyker]{{Ligazón morta|data=xullo de 2019 }}</ref>, unha empresa holandesa fabricante de coches, pola cantidade de 106.6 millóns de dólares {{Cómpre referencia}}.
 
Este acordo, a falta de tres carreiras, tivo unhas consecuencias inmediatas {{Cómpre referencia}}: cambiouse a estrutura directiva do equipo, xa que aínda que [[Colin Kolles]] seguiu a se-lo Xefe de Equipo, [[Michael Mol]] pasou a se-lo Director da Sección de Fórmula 1 de Spyker, ocupando un posto directivo tanto na escudería como no fabircante de coches {{Cómpre referencia}}, e a final de tempada [[Mike Gascoyne]] convertiuse no Deseñador Xefe. Ademais, a escudería pasou a competir baixo bandeira holandesa, o pavillón de Spyker, e os coches mudaron a súa decoración, pasando a ser laranxa, prateada e branca. Por outra parte, xa que as normas da FIA prohíben un cambio de nome en mitade da tempada a non ser que haxa un acordo entre tódolos equipos {{Cómpre referencia}}, non foi posíble chamarlle á escudería directamente Spyker F1, senon que houbo que atopar unha solución intermedia, a introdución do nome do fabricante dos Países Baixos como patrocinador, sendo finalmente Spyker Midland F1 Racing.