Los Angeles Lakers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de un > dun
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 40:
Dende a retirada de [[George Mikan|Mikan]], os Lakers perderon afección e a asistencia ao [[Minneapolis Auditorium]] diminuía, o que levou á franquía a reformularse a situación, facendo que en [[1957]] Ben Berger terminase vendendo o equipo a [[Bob Short]].<ref>[http://stewthornley.net/mplslakers.html Short faise cos Lakers]</ref> Este manifestou a súa intención de trasladar o equipo a outra cidade se non obtiña o apoio dos seareiros de [[Minneapolis]], así que o [[25 de abril]] de [[1960]], anunciou que os Minneapolis Lakers pasaban a ser Los Angeles Lakers, o equipo marchaba a [[California]].
 
Short chegou aos Angeles cun equipo competitivo, aínda que afastado do potencial dos [[Boston Celtics]] e [[Atlanta Hawks|Saint Louis Hawks]], con todo o mellor reforzo ía proceder de novo do [[Draft da NBA|draft]]. Tratábase de [[Jerry West]], elixido na segunda posición procedente de West Virginia.<ref>{{Cita web |url=http://www.basketballreference.com/draft/draftyear.htm?yr=1960&lg=N |título=NBA Draft 1960 |data-acceso=18 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090529021801/http://www.basketballreference.com/draft/draftyear.htm?yr=1960&lg=N |dataarquivo=29 de maio de 2009 |urlmorta=si }}</ref> Con West chegou tamén Fred Schaus, o seu adestrador na universidade. O técnico mantívose até [[1967]] e devolveu aos Lakers a unhas finais na campaña [[1961]]-[[1962|62]], mais caeron derrotados ante [[Boston Celtics]] por 4 a 3.<ref>[{{Cita web |url=http://www.nba.com/history/playoffs/19611962.html |título=1962 Playoff Results] |data-acceso=18 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090529032953/http://www.nba.com/history/playoffs/19611962.html |dataarquivo=29 de maio de 2009 |urlmorta=si }}</ref> Esta sería a tónica xeral da súa estancia nos Ánxeles, en sete anos xogou nada menos que catro Finais, caendo en todas a mans dos [[Boston Celtics|Celtics]] de [[Red Auerbach]] e [[Bill Russell]]. Nesas finais de [[1962]], [[Elgin Baylor|Baylor]] estableceu un record de anotación en playoffs que perdurou até [[1986]]. Os 61 puntos que endosou a Boston o [[14 de abril]] só foron superados por [[Michael Jordan]], que precisamente rompeu esta marca en Boston con 63 puntos, 24 anos despois.<ref>[{{Cita web |url=http://www.nba.com/espanol/playoffs_ind_leaders.html |título=Marcas Individuais nos NBA Playoffs] |data-acceso=18 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090408064620/http://www.nba.com/espanol/playoffs_ind_leaders.html |dataarquivo=08 de abril de 2009 |urlmorta=si }}</ref>
 
Esta época viu nacer unha rivalidade que perdurou até os nosos días. Outra das rivalidades que non perdurou até a actualidade foi a que protagonizaron cos Hawks de Pettit. Os movementos tamén se sucederon nas oficinas, [[Jack Kent Cooke]] converteuse en [[1965]] no novo propietario do equipo tras comprar a franquía por 5 millóns de dólares. Los Angeles Lakers deixaron o [[Los Angeles Memorial Sports Area|Sports Area]] e mudáronse ao flamante [[The Forum|Forum]] en [[1967]], coa chegada do novo adestrador Bill van Breda Kolff, quen se mantivo até [[1969]], dúas tempadas onde os anxelinos chegaron a senllas Finais con idéntica sorte, 4-3 para Boston. Para frear o efecto de [[Bill Russell]], Cooke fíxose coas catro veces [[MVP da Tempada da NBA|MVP]], [[Wilt Chamberlain]], formando con [[Elgin Baylor|Baylor]] e [[Jerry West|West]], un trío anotador moi prolífico. [[Gail Goodrich|Goodrich]], unha das claves destes Lakers, marchouse a [[Phoenix Suns]] debido ao draft de expansión desa tempada. A pesar das seis finais que perderon estes Lakers pasaron á historia como un dos mellores equipos de todos os tempos.
Liña 80:
Despois de recuperar a [[Derek Fisher|Fisher]], procedente de [[Utah Jazz]] o equipo tivo un inicio de tempada bastante bo, cunha achega notable de [[Andrew Bynum]] como pivote titular. Con todo, en xaneiro unha lesión obrigou ao adestrador a prescindir do pivote o resto da tempada e buscar un substituto de garantías. Nunha fugaz operación Kwame Brown, Javaris Crittenton e Aaron McKie, ademais de dúas eleccións de primeira rolda de Draft, foron parar a [[Memphis Grizzlies]] a cambio de [[Pau Gasol]] e unha elección de segunda rolda. Nos playoffs, os Lakers varreron en primeira rolda a [[Denver Nuggets]] por 4-0, cheagando ás Semifinais de Conferencia contra [[Utah Jazz]]. Tras comezar os dous primeiros partidos en casa gañando, os Lakers deixáronse empatar a eliminatoria a domicilio, mais finalmente conseguiron chegar ás Finais de Conferencia, onde eliminaron a [[San Antonio Spurs]] por 4-1 e accederon ás Finais por primeira vez dende [[2004]]. Nas Finais atopáronse con [[Boston Celtics]] vinte e un anos despois. Tras dúas vitorias dos Celtics en [[Boston]], a serie foise cara aos Ánxeles coa obriga dos Lakers de gañar o tres partidos para continuar vivos na loita polo anel. Gañaron o terceiro e quinto encontro da serie, perdendo o cuarto ao deixar escapar unha diferenza de 24 puntos sobre os Celtics, maior remontada na historia das Finais. Xa no sexto, os Celtics sentenciaron cun claro 92-131.
 
Ao ano seguinte, despois de superar a dura derrota nas finais ante os Celtics, conseguiron o mellor balance de vitorias da conferencia oeste (65-17), chegando aos playoffs enfrontándose en primeira rolda aos [[Utah Jazz]], que logran vencer 4-1, para logo disputar unha dura serie ante uns [[Houston Rockets]] que contaban con moitas baixas. Finalmente clasificáronse tras vencer no sétimo partido e enfrontáronse nas finais de conferencia os Lakers enfrontaríanse aos [[Denver Nuggets]], aos que venceron por 4-2, para acceder ás finais onde conseguiron o seu 15º campionato da NBA derrotando a [[Orlando Magic]] por 4-1, sendo Bryant nomeado [[MVP das Finais da NBA|MVP das Finais]] tras ter unha media de 32,4 puntos, 5,6 rebotes e 7,4 asistencias, converténdose [[Phil Jackson]] no adestrador máis laureado da historia da liga con 10 aneis, superando a Red Auerbach.<ref>[{{Cita web |url=http://www.nba.com/games/20090614/LALORL/recap.html |título=Bryant, Lakers reign once more] |data-acceso=18 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090618135606/http://www.nba.com/games/20090614/LALORL/recap.html |dataarquivo=18 de xuño de 2009 |urlmorta=si }}</ref>
 
== Rivalidades ==