Gonzalo de Mondoñedo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Biografía ==
[[Ficheiro:Pieter_Claeissens_(I)_-_A_bishop_saintBispo no mosteiro de Xuvia.jpgpng|miniatura|UnRepresentación dun bispo santo.no Óleointerior do pintorMosteiro flamengode [[PieterXuvia. Claeissens]]Panteón ofamiliar velloda Sfamilia Froilaz-Traba.XVI]]
Gonzalo Froilaz, foi [[Orde de San Bieito|monxe beneditino]] e [[abade]] do [[mosteiro de Sahagún]] até o seu nomeamento como bispo de Mondoñedo. A primeira referencia documental na que aparece neste cargo é do 13 de xaneiro do ano 1071, momento no que confirma unha doazón da [[Urraca de Zamora|infanta Urraca]], irmá dos reis [[García II de Galicia|García II]] e [[Afonso VI de León|Afonso VI]]<ref>{{Cita libro|título=España Sagrada. Theatro geographico-histórico de la iglesia de España|apelidos=Flórez|nome=Henrique|editorial=|ano=1764|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=K-jEZSiDX9QC&lpg=PA123&ots=039q3Ypi5C&dq=Ermesenda%20Nu%C3%B1ez&hl=pt-PT&pg=PA118#v=onepage&q&f=false|volume=18|páxina=118|ref=}}</ref>.
 
Liña 25:
=== Preito dos arciprestados ===
[[Ficheiro:Gelmires.jpg|esquerda|miniatura|Diego Xelmírez, bispo de Compostela, mantivo unha longa inimizade con Gonzalo de Mondoñedo]]
[[Ficheiro:Ruinas_del_Monasterio_de_Sahagún,_Leon.JPG|alt=|miniatura|[[Mosteiro de Sahagún]] en León. Gonzalo Froilaz foi o seu [[abade]] nos anos anteriores á súa consagración como bispo mindoniense.]]
O asunto que marcou o bispado de Gonzalo Froilaz foi o seu longo enfrontamento co poderoso bispo de Compostela [[Diego Xelmírez]]. A restauración da diocese bracarense non só foi prexudicial para o bispado de Mondoñedo, senón que tamén afectou aos de Lugo e Compostela. Estes dous bispados deixaron de percibir importantes ingresos (Compostela posuía a metade da cidade de Braga) o que motivou que os tres bispados galegos iniciasen unha loita polos seus territorios limítrofes. Santiago reclamou a Mondoñedo os [[Arciprestados de Galicia|arciprestados]] de Salaxia, [[Arciprestado de Bezoucos|Bezoucos]] e Trasancos alegando que lle foran cedidos á sé mindoniense como préstamo<ref name=":0">{{Cita libro|título=Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela|apelidos=López Ferreiro|nome=Antonio|editorial=|ano=1900|ISBN=|url=https://archive.org/stream/historiadelasant03lpez#page/258|volume=3|páxina=|páxinas=258-267|ref=}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Historia Compostelá|apelidos=|nome=|editorial=Akal. Clásicos latinos medievales.|ano=1994|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=XVybJYbv27AC&lpg=PP1&hl=pt-PT&pg=PA133#v=onepage&q&f=false|apelidos-editor=Falque Rey|nome-editor=Emma|páxinas=133-142|ref=}}</ref> e o bispado de Lugo, reclamou o de Montenegro<ref>FERNÁNDEZ PACIOS 2008. p. 62.</ref>.
 
Liña 31 ⟶ 30:
 
A situación non mudou até a morte do rei Afonso VI, naquel momento [[Pedro Froilaz de Traba|Pedro Froilaz]], cabeza familiar da liñaxe Traba, protexía os dereitos do infante [[Afonso VII de León|Afonso Raimúndez]] ao trono do [[Reino de Galicia|Reino de Galiza]] diante da súa nai [[Urraca de León|Urraca]] (filla de Afonso VI) e do seu marido [[Afonso I de Aragón]]. Os Traba precisaban da alianza de Diego Xelmírez, que se debatía entre o bando de Afonso Raimúndez e o da súa nai Urraca. Convenientemente, San Gonzalo cesou no seu cargo, e nomeouse bispo a Pedro Amiguiz, abade do [[Mosteiro de San Xoán de Caaveiro|Mosteiro de Caaveiro]] e confesor de Pedro Froilaz<ref>{{Cita libro|título=Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela|apelidos=López Ferreiro|nome=Antonio|editorial=|ano=1900|ISBN=|url=https://archive.org/stream/historiadelasant03lpez#page/176/mode/2up|volume=3|páxina=177|ref=}}</ref>. Probabelmente unha solución concertada entre as partes, e unha saída airosa para Gonzalo Froilaz<ref>{{Cita libro|título=Episcopologio Mindoniense|apelidos=Cal Pardo|nome=Enrique|editorial=Instituto de estudos galegos "Padre Sarmiento"|ano=2003|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=AiL6NDJ35RgC&lpg=PP1&hl=es&pg=PA88#v=onepage&q&f=false|páxina=88|ref=}}</ref>.
[[Ficheiro:Cadaleito do Bispo Gonzalo.jpg|miniatura|Ataude do bispo Gonzalo na Basílica de San Martiño|alt=]]
 
En febreiro do [[1110]] a familia Froilaz entrega ao bispado compostelán os arciprestados en litixio mediante un documento no que todos os cregos, cabaleiros e vasalos dos Traba nos territorios disputados prometen obediencia ao bispo Xelmírez. Un documento que asinan en primeiro lugar: [[Pedro Froilaz de Traba]], a súa esposa Dona [[Maior Guntroda Rodríguez|Maior Guntroda]], e as súas irmáns [[Munia Froilaz]] e [[Visclávara Froilaz]].
 
Non foi esta a única concesión que os Traba fixeron ao prelado compostelán, desexoso de reducir a importancia da sé mindoniense, rival da súa<ref name=":3">{{Cita web|url=http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=146&seccion=13|páxina-web=terraetempo.gal|título=San Gonzalo. Bispo mindoniense|data-acceso=30/10/2018}}</ref>. No momento do falecemento de Gonzalo Froilaz no ano [[1112]], o bispo Pedro regresou ao mosteiro de Caaveiro e foi nomeado para o cargo [[Munio Afonso]], secretario persoal de Xelmírez e un dos redactores da [[Historia Compostelá]]<ref>{{Cita libro|título=España Sagrada. Theatro geographico-histórico de la iglesia de España|apelidos=Flórez|nome=Henrique|editorial=|ano=1764|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=K-jEZSiDX9QC&lpg=PA123&dq=Ermesenda%20Nu%C3%B1ez&hl=pt-PT&pg=PA124#v=onepage&q&f=false|volume=18|páxinas=124-134|ref=}}</ref>. Este bispo tivo frecuentes enfrontamentos coa nobreza mindoniense e rematou por dimitir do seu cargo, regresando a Santiago<ref name=":4" />. Unha das primeiras decisións do seu bispado foi o traslado da sé mindoniense cara o interior, á vila de [[Vilamaior do val de Brea]], o seu actual emprazamento<ref>{{Cita libro|título=Las Catedrales de la diócesis de Mondoñedo en la Edad Media|apelidos=Yzquierdo Perrín|nome=Ramón|editorial=Universidade da Coruña|ano=2000|ISBN=84-95322-46-3|url=https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/10974/CC%2055%20art%203.pdf?sequence=1#page=29&zoom=auto,-361,421|páxina=131|en=|ref=}}</ref>, e o abandono de [[San Martiño de Mondoñedo, Foz|San Martiño en Foz]], alegando o perigo que supuña a proximidade ao mar da sé episcopal. Esta decisión tomouse no ano 1113 nun concilio en Palencia solicitado polo mesmo Xelmírez<ref>{{Cita libro|título=Historia compostelana|apelidos=|nome=|editorial=Akal. Clásicos latinos medievales.|ano=1994|ISBN=|url=https://books.google.es/books?id=XVybJYbv27AC&lpg=PP1&hl=pt-PT&pg=PA220#v=onepage&q&f=false|apelidos-editor=Falque Rey|nome-editor=Emma|páxina=220|ref=}}</ref>, e no que asinan diversos persoeiros ofendidos polo bispo Gonzalo durante o longo preito polos arciprestados<ref name=":3" />.
 
== O tesouro do bispo santo ==
[[Ficheiro:Romanesque_Treasure_of_MNAC-_Bacul_de_MondoñedoAnel do bispo Gonzalo.jpg|alt=png|miniatura|[[BáculoReprodución dedo Mondoñedo]].anel Pertencente aodo bispo Gonzalo no museo parroquial de MondoñedoSan [[PaioMartiño de Cebeira]]Mondoñedo. (1199-1218)|alt=]]
O bispo Gonzalo faleceu no ano [[1112]], foi soterrado na súa igrexa de San Martiño de Mondoñedo nun sartego de granito, conservado até hoxe na nave sur da catedral. Este sartego foi aberto en sete ocasións ao longo dos séculos. A primeira vez en [[1648]] polo bispo de Mondoñedo [[Francisco Torres Grijalba]], atopando no interior a osamenta do santo<ref>[https://cloud10.todocoleccion.online/libros-segunda-mano/tc/2017/09/24/17/98694943_68501300.jpg Interior do sartego do bispo Gonzalo de Mondoñedo.] Imaxe do libro editado pola [[Real Academia Galega de Belas Artes|academia galega de belas artes]]: Lugo no obxectivo as nosas raices. [[Manuel Chamoso Lamas]]. Ano 1995</ref>, restos da vestimenta, un báculo e un cíngulo de ouro e prata<ref name=":5">{{Cita libro|título=Las Catedrales de la diócesis de Mondoñedo en la Edad Media|apelidos=Yzquierdo Perrín|nome=Ramón|editorial=Universidade da Coruña|ano=2000|ISBN=84-95322-46-3|url=https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/10974/CC%2055%20art%203.pdf?sequence=1#page=28&zoom=auto,-361,396|páxina=|páxinas=130-131|en=|ref=}}</ref>. Testemuñas da apertura do sartego narran como o bispo retirou reliquias do sarcófago e as repartiu entre os eclesiásticos que o acompañaban<ref>FERNÁNDEZ PACIOS 2008. pp. 113-114</ref>, entre elas as moas do santo<ref name=":6">FERNÁNDEZ PACIOS 2008. p. 123</ref>. Nunha posterior apertura, no ano 1704, o bispo [[Manuel Navarrete]] cortou e retirou un óso do sepulcro<ref name=":6" />.
 
A comezos do século XX, foron retirados do sartego<ref name=":7">[https://2.bp.blogspot.com/-aailcXpkSTE/WT54XTGYvFI/AAAAAAAALYg/2FxgqpBglcUX9pr9UFB_S4GHhfgol6QrACLcB/s1600/04%2Bsan%2Bgonzalo.JPG Imaxe do sartego do bispo Gonzalo]</ref> os dous símbolos clásicos do bispo, o báculo<ref>{{Cita audiovisual|título=Imaxe do báculo do bispo Gonzalo|autor=|url=https://i.pinimg.com/originals/da/76/51/da765185b2483cb4b5ebd351a338a995.jpg|data=|medio=}}</ref> e o anel<ref>{{Cita web |url=http://praza.gal/xornal/uploads/fotos/foto/572c82fe9f836-captura.jpg |título=Imaxe do anel do bispo Gonzalo |data-acceso=02 de novembro de 2018 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160515154635/http://praza.gal/xornal/uploads/fotos/foto/572c82fe9f836-captura.jpg |dataarquivo=15 de maio de 2016 |urlmorta=si }}</ref>. Datados no século XII<ref name=":5" />, hoxe consérvanse dúas réplicas no museo parroquial de San Martiño de Mondoñedo (Foz)<ref>{{Cita web|url=http://museos.xunta.gal/gl/san-martino-mondonedo|apelidos=|data=|páxina-web=museos.xunta.gal|título=Museo Parroquial de San Martiño de Mondoñedo|data-acceso=2018-11-04|lingua=gl}}</ref> estando os orixinais no museo diocesano e catedralicio de Mondoñedo.
 
* O '''báculo'''<ref>{{Cita audiovisual|título=Báculo do Bispo Gonzalo de Mondoñedo|autor=[[Consello da Cultura Galega]]|url=https://sketchfab.com/models/4c9c206b6a6e438fb9cefd40e29042f4|data=|medio=Modelo 3D}}</ref>, que representa a función pastoral do bispo coa súa freguesía, era unha vara de madeira de 1,45 m xungida a unha voluta de cobre dourado de pequeno tamaño, uns dez centímetros. Decorada con triángulos alternos, orixinaban no centro unha especie de rombos; nos seus extremos unhas molduras daban paso ao bastón e á espiral superior. Esta ten forma de serpe, e rematada nunha cabeza animal con unha bóla na boca<ref name=":5" />. Na apertura do sepulcro de 1916 refírese unha inscrición, hoxe desaparecida, na base do báculo na que se podía ler: "GUNDISALVUS"<ref>FERNÁNDE PACIOS 2008. p. 118</ref>
Liña 59 ⟶ 57:
- Edificouse arredor do 1577<ref>FERNÁNDEZ PACIOS 2008. p. 138</ref> no monte da cruz do Agrelo a '''ermida do bispo santo''', afirmando que alí foi onde se produciu o milagre de San Gonzalo. Oportunamente apareceu no monte soterrada unha imaxe de madeira do santo. Neste mesmo monte da cruz do Agrelo existe unha fonte chamada, fonte dos [[Mouro (mitoloxía)|Mouros]] á que peregrinaba a xente á procura de curación nas súas augas<ref>FERNÁNDEZ PACIOS 2008. pp. 93-94</ref>. Coa construción da capela, cristianizouse tamén a asistencia da xente ao lugar dando orixe á tracional [[romaría]] focense coñecida como festa do Santo.
 
- Xurdiu o milagre da '''fonte da Zapata''' no lugar coñecido popularmente como "rego de lavar as mans". Neste regato levábanse a cabo remedios e ritos encamiñados a conseguir a curación dos enfermos. A igrexa tentou frear este costume aplicando primeiro excomuñóns coercitivas a algún veciño e posteriormente inventando outro milagre do santo Gonzalo<ref>FERNÁNDEZ PACIOS 2008. pp. 99-100</ref>, o nacemento da fonte da zapata. Cóntase que os veciños, acuciados pola falta de auga nun período de intensa seca, acudiron ao santo e este lanzou un dos seus zapatos a un lugar próximo no que naceu unha fonte de auga milagreiras capaz de curar enfermidades<ref name="books.google.es" />.
 
== Debate historiográfico ==
[[Ficheiro:Lewis_Schach_Bischof_2_Hebriden_12_JhdBáculo do bispo Gonzalo.JPG|alt=jpg|miniatura|BisposReprodución nodo [[xadrezbaculo dado illabispo Gonzalo no museo parroquial de Lewis]].San SéculoMartiño XIIde Mondoñedo.|alt=|esquerda]]
Unha parte dos historiadores que desde o século XVII se teñen ocupado da figura do bispo Gonzalo e a súa lenda, teñen negado a identificación do bispo santo de Mondoñedo co bispo Gonzalo Froilaz do período 1070-1108. Esta negativa baseábase en dous motivos principais: