Diferenzas entre revisións de «Río Mao, río Sil»

sen resumo de edición
(Datos engadidos)
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Sem resumo de edição
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
O '''río Mao''' é un río galego. Nace nos altos da [[serra de San Mamede]], no concello ourensán de [[Montederramo]], e desauga no [[río Sil]], entre os concellos da [[A Teixeira|Teixeira]] e [[Parada de Sil]].
 
Comeza o seu curso como un río de montaña, e axiña chega á capital do concello, Montederramo. Forma un só encoro, o de [[Leboreiro, Seoane Vello, Montederramo|Leboreiro]], no concello de Montederramo. Este encoro posúe unha central hidroeléctrica, coñecida como A Fábrica da Luz, que se sitúa preto da desembocadura. Desemboca varios quilómetros máis abaixo da presa, no [[encoro de Santo Estevo]], formando un canón, dos máis impresionantes da provincia de Ourense. O río descende en moi poucos quilómetros dende os 860 msnm en [[Leboreiro, Seoane Vello, Montederramo|Leboreiro,]]<nowiki/>até os 240 no Sil.
 
No val, preto da súa desembocadura, están a [[capela e necrópole de San Vítor de Barxacova]]. Ademais, na mesma zona, existe unha ruta que discurre por unha pasarela de madeira, moi sinxela para camiñar e admirar as vistas do canón.
Usuario anónimo