Etiopía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Antigüidade: arranxiño
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 74:
Etiopía é un dos países máis antigos de África. As súas orixes remóntanse ao segundo milenio antes de Cristo. O sistema de goberno foi a [[monarquía]] durante a maior parte da súa historia. A tradición oral conta que a monarquía etíope foi fundada pola dinastía salomónica da [[Raíña de Sabá]], baixo o seu primeiro rei, [[Menelik I]].<ref>{{cita web |url=https://www.nationalgeographic.com/travel/destinations/africa/ethiopia/mysterious-queen-sheba-legend-church-archaeology/?cmpid=org=ngp::mc=social::src=twitter::cmp=editorial::add=tw20190213travel-resurfsheba::rid=&sf207660858=1 |título=In search of the real Queen of Sheba |data=3 de decembro de 2018 |editor=[[National Geographic Society|National Geographic]] |lingua=en}}</ref>
 
Arredor do [[Século -VIII|século VIII a.C.]], un reino coñecido como [[Damot]] estableceuse ana [[rexión de Tigray]], no norte de Etiopía, e en Eritrea. A capital estaba localizada en [[Yeha]], no norte de Etiopía. Logo da caída de Damot durante o [[Século -IV|século IV a.C.]], a rexión foi dominada por pequenos reinos ata que no [[século I]] emerxeu o [[reino de Aksum]] no que hoxe é a rexión de Tigray e en Eritrea, e que máis tarde estendería o seu poder ao [[Iemen]], na outra beira do [[Mar Vermello]]<ref>{{cita libro |nome=David W. |apelidos=Phillipson |título=Ancient Ethiopia. Aksum: Its Antecedents and Successors |editorial=The British Museum Press |ano=1998 |páxinas=7, 48–50 |isbn=978-0-7141-2763-7 |lingua=en}}</ref>. Fontes [[Grecia antiga|gregas]] refiren que o reino de Aksum era extremadamente rico no século I e a cidade de [[Adulis]] é frecuentemente mencionada como un dos máis importante portos de África. Rexistros oficiais, con todo, colocan a cidade de [[Aksum]] como a capital. Este reino tiña, no [[século II]] dereito a tributo de estados da Península Arábica e conquistara incluso o reino [[Meroe|meroítico]] de [[Kush]], no actual [[Sudán]]. Hai indicacións do carácter cosmopolita deste reino, con poboacións [[Xudeu|xudaicas]], [[nubia]]s, [[Cristianismo|cristiás]] e mesmo minorías [[Budismo|budistas]]. Unha moeda datada no ano [[324]] mostra que este reino foi o segundo país en adoptar o cristianismo como relixión oficial despois de que o fixera [[Armenia]] no ano [[301]].
 
O reino de Aksum foi declinando gradualmente, feito que foi aproveitado por un dos primeiros estados musulmáns para establecerse na rexión de [[Shewa]]<ref>{{cita libro |autor1=Greville Stewart Parker Freeman-Grenville |autor2=Stuart Christopher Munro-Hay |título=Islam: An Illustrated History |ano=2006 |editorial=Bloomsbury Publishing |isbn=978-1-4411-6533-6 |páxinas=177–178 |url=https://www.google.com/books?id=3fKoAwAAQBAJ&pg=PA177 |lingua=en}}</ref>. A [[dinastía Zagüe]] estableceuse no [[século X]] en parte dos territorios que eran do reino de Aksum. Finalmente, en [[1270]] estableceuse o imperio etíope cuxa existencia prolongouse ata [[1974]].