Abetouro americano: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 49:
O abetouro americano é unha ave solitaria que normalmente se mantén ben agochada e é difícil de observar. Xeralmente caza camiñando silandeiramente en augas pouco profundas e entre a vexetación, axexando as súas presas, pero ás veces queda de pé inmóbil preparando unha emboscada. Se sente que a viron, permanece quieta, co peteiro apuntando cara arriba, de modo que a súa coloración [[cripse|críptica]] fai que se confunda coa follaxe que a rodea. O abetouro americano é principalmente nocturno e máis activo entre lusco e fusco. É máis fácil oílo que velo, o macho ten unha chamada resoante alta que lembra unha bomba entupida e que se describiu como "oong, kach, oonk".<ref name=HBWA/> Mentres emite este son, a cabeza da ave móvese convulsivamente cara arriba e abaixo, e o son é repetido sete veces.<ref name=Witherby/>
O proceso polo cal produce o seu distintivo son non se comprende totalmente. Suxeriuse que a
Igual que outros membros da familia das garzas, o abetouro americano aliméntase en marismas e lagos pouco
Nidifica en solitario en marismas entre vexetación dura como ''[[Scirpus]]'' e ''[[Typha latifolia]]''. A femia constrúe o niño e o macho vixíao. O niño adoita estar uns 15 cm por riba do nivel das augas e consta duns plataorma irregular de talos e xuncos mortos, ás veces cuns poucos ramiñas mesturadas, e está forrado con herbas duras. Pon ata seis ovos que [[incubación dos ovos|incuba]] a femia durante 29 días. Os ovos son de forma acusadamete ovoide, de cor beixe olivácea e sen manchas, e como media miden 49 × 37 mm. Os polos son alimentados individualmente, cada un por quenda recibe comida regurxitada da femia directamente no seu peteiro. Abandonan o niño ás dúas semans e están completamente emplumados ás seis ou sete semanas.<ref name=Witherby/>
|