Diferenzas entre revisións de «Conversa usuaria:Vitoriaogando»

Etiqueta: Envío de mensaxes en masa
* Ola de novo, Vitoria. Grazas polo traballo, e vaia por diante que as traducións das obras de autores e autoras galegos a outras linguas tamén a min me parecen de clara relevancia para a Wikipedia en galego. Non obstante, manteño que é inviable meter liñas de texto para informar das traducións no corpo xeral das entradas dos autores (non así nas entradas das obras). Tal como eu o vexo, desvía a atención, desvirtúa a sección cando as traducións son moitas e crea unha sorte de tabula rasa para niveis informativo distintos. Opino que sería máis acaído informar das súas traducións a todas as linguas non no artigo do persoeiro senón no da obra. Así, por exemplo, creo que un exemplo de como debemos facelo estaría no artigo de [[Agustín Fernández Paz]] e seguidamente no de, poñamos por caso, o seu ''[[Contos por palabras]]'' (que ti mesma creaches). A min dese odo paréceme que queda moi limpo. En resumo, despois de reflexionar un pouco ao respecto, non lle acabo de atopar o sentido a encher con eses contidos sobre as traducións de obras concretas as entradas dos autores, mais si que llo atopo -todo o do mundo- a incluírmos traducións, versións e adaptacións nas entradas paticulares de cada obra. Que conste que seguramente eu mesmo debín, en máis dunha ocasión, meter traducións en entradas de autores e non nas das obras, pero agora que cadrou de ter que darlle unha volta ao asunto, creo que esta solución sería bastante nidia e útil. Por último, se no te convencín e prefires que sigamos afondando na cuestión, cabe a posibilidade de abrir o debate na Taberna con vistas a consensuar un procedemento e plasmalo, se é o caso, nunha política oficial -votación mediante-. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 4 de xullo de 2019 ás 10:41 (UTC)
:Sexa logo. Cita o máis sucinta posible nas entradas dos autores e información ampla nas entradas das obras. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 4 de xullo de 2019 ás 11:11 (UTC)
 
== Artigos destacados na portada ==
 
Boas, na taberna en [[Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_destacados_na_portada]], hai unha proposta para modificar a escolla dos artigos destacados na portada. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --[[Usuario:MediaWiki message delivery|MediaWiki message delivery]] ([[Conversa usuario:MediaWiki message delivery|conversa]]) 25 de xullo de 2019 ás 00:27 (UTC)
 
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario [[Usuario:MediaWiki message delivery/Lista básica de avisos a usuarios activos|desta lista]].
<!-- Mensaxe enviada por User:Elisardojm@glwiki mediante a lista presente en https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Usuario:MediaWiki_message_delivery/Lista_b%C3%A1sica_de_avisos_a_usuarios_activos&oldid=5165653 -->