Abetouro americano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 30:
É unha ave grande, robusta e marrón, moi similar ao [[abetouro común]] (''Botaurus stellaris''), aínda que lixeiramente menor, e a súa plumaxe ten pintas en vez de estar barrada. Mide entre 58 e 85&nbsp;cm de lonxitude, cunha envergadura de ás de 92 a 115&nbsp;cm e un peso de 370 a 1072&nbsp;g.<ref>{{cite web |url=https://www.allaboutbirds.org/guide/American_Bittern/id |title=American Bittern |work=All About Birds |publisher=Cornell Lab of Ornithology |accessdate=27 November 2015}}</ref><ref name = "CRC">''CRC Handbook of Avian Body Masses'' by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992), {{ISBN|978-0-8493-4258-5}}.</ref>
 
A parte superior da cabeza é de cor castaña co centro das plumas negro. A parte lateral do pescozo ten unha mancha negro azulada alongada máis longa no macho que na femia. A parte posterior do pesc ozo é olivácea e o manto e zona escapular é castaña escura, barrada e con pintas negras, e algunhas plumas están beireadas de beixe. Toda a parte dorsal e as plumas coberteiras da parte superior da cola son similares en cor pero con pintas máis finas negras e con bases das plumas grises. As plumas da cola son castañas con bordesbeiras con pintas e as primarias e secundarias son marróns anegradas con puntas beixes ou castañas. As meixelas son marróns cunha liña supercicliar beixe e unha banda ni bigote de similar cor. O queixo é de cor crema cunha banda central cstaña e as plumas da gorxa, peito e parte superior da barriga son beixes e de cor óxido, finamente beireadas de negro, facendo un efecto de bandeado á parte inferior. Os ollos están rodeados por pel amarelada e o iris é amarelo pálido. O peteiro longo e robusto é verde amarelado, a mandíbula superior é máis escura que a inferior e as patas e pés son verde amarelados. Os inmaturos lembran os adultos, pero as partes laterias dos pescozos son menos oliváceos.<ref name=Witherby>{{cite book |title=Handbook of British Birds, Volume 3: Hawks to Ducks |editor-last=Witherby |editor-first=H. F. |year=1943 |publisher=H. F. and G. Witherby Ltd. |pages=160–162 }}</ref>
 
== Taxonomía ==