Wuhan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
sofrer > sufrir
Recuperando 0 fontes e etiquetando 2 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 11:
 
===Primitiva cidade===
Así, dende o [[-1500|1500 a.C.]], ao comezo da [[dinastía Shang]], establécese un centro de trasporte fluvial chamado '''Panlong''' (no moderno suburbio de Huangpi, ao norte da cidade actual), a primeira cidade daquela dinastía na cunca do [[río Azul]]<ref>[http://www.wuhanevent.com/AboutWuhan/BasicInformation/history/images/img01.jpg Imaxe]{{Ligazón morta|data=xullo de 2019 }}</ref>.
 
Pertencente ao [[estado de Chu]] por tanto tempo coma o da [[dinastía dos Zhou Orientais]] ([[-770|770 a.C.]]-[[-221|221 A.C.]]), a cultura Chu converteuse no fundamento da actual na rexión da capital. No século III a.C., durante o período dos [[Reinos Combatentes]], construíronse dúas fortalezas en dous promontorios a cada lado do Yangtze: o da beira esquerda (oeste) semella unha tartaruga (Guishan), e o da beira dereita (leste) unha serpe (Sheshan) bebendo na auga. Na protección deste vai nacer a cidade de '''[[Wuchang]]''' e na do primeiro a de '''[[Hanyang]]'''.
Liña 18:
No final da dinastía dos [[Han Orientais]] (25-220 d.C) xurdiu ao norte do Outeiro da Tartaruga un activo porto chamado Queyue (antecedente de Hanyang). Foi fortificado con murallas no 206. Por esa época ([[208]]), a épica [[batalla dos Cantís Vermellos]], augas arriba do río Azul, marcou o fin da dinastía Han e o comezo do período dos [[Tres Reinos]]. En [[222]] [[Sun Quan]], rei de [[Wu]], move a súa capital a [[Xiakou]] (a base do seu exército na campaña militar) renomeándoa Wuchang, construíndo fortes e pazos e, no 223, cercándoa cunha muralla.{{Cómpre referencia}} Nese ano erixe a famosa [[Torre da Grúa Amarela]] (unha ducia de veces reconstruída), que domina ata hoxe o gran río dende o Outeiro da Serpe<ref>{{Cita web |url=http://www.wuhan.com/cmarter/files/20051205-HHOn-44Hu-vdel.JPG?id=22288,1495952606 |título=Imaxe |data-acceso=12 de novembro de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20131017082213/http://www.wuhan.com/cmarter/files/20051205-HHOn-44Hu-vdel.JPG?id=22288,1495952606 |dataarquivo=17 de outubro de 2013 |urlmorta=si }}</ref>. A vella Wuchang é unha cidade con estaleiros, metalurxia, cuñaxe de moeda e manufactura de porcelana branca. De calquera maneira, a partir do [[século IV]], a capitalidade volta a [[Nanjing]] e as dúas cidades do curso medio teñen un lento desenvolvemento ata a época Tang ([[618]]-[[907]]) e Song ([[960]]-[[1279]]).
 
Foi despois que, durante a [[dinastía Sui]], no [[606]], se fundase Hanyang, seica ó sur do Outeiro da Tartaruga e na beira norte do río Han, o maior afluente do Yangtze, que daquela alí desembocaba. O seu florecemento coma centro comercial e artesanal da rexión deu pulo ao enclave [http://www.wuhanevent.com/AboutWuhan/BasicInformation/history/images/img02.jpg]{{Ligazón morta|data=xullo de 2019 }}.
 
Na época da [[dinastía Yuan]] ([[1279]]-[[1368]]) Wuchang convértese en capital provincial do imperio e arrodéase de novas murallas [http://whty.whjs.gov.cn/images/2006-12/04/xin_1512030414215102675418.jpg]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} reforzando o carácter de centro administrativo que vai manter ata hoxe.