Luís Bouza Trillo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m + cat
Xas (conversa | contribucións)
m datiño
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Estudou no Seminario de [[Santiago de Compostela]], pero abandonouno para dedicarse ao xornalismo. Foi redactor de ''[[El Fin del Siglo]]'', fundou e dirixiu a revista ''[[La Estrella Galaica]]'', onde publicou relatos e poesías en galego e en castelán (ás veces cos pseudónimos '''Magdalena de Monteblanco''' ou '''Gonzalo'''), e en Vilagarcía ''[[Crónica Carrileña]]'' (1893). Marchou a [[Huelva]] como oficial primeiro de Obras Públicas en 1898. Regresou a Galicia e dirixiu en Vilagarcía ''[[El Faro de las Rías]]'' (1909), ''[[La Opinión (Vilagarcía de Arousa)|La Opinión]]'' (1912) e ''[[El Pueblo (Vilagarcía de Arousa)|El Pueblo]]'' (1913) e colaborou noutros periódicos (''[[La Integridad]]'', ''[[Gaceta de Galicia]]'', ''[[El Defensor de Granada]]'' e ''[[El Tea]]''). O seu poema “Esperanzas” acadou o premio dos Xogos Florais lugueses (1900) e “Plegaria” foi premiado polo Ateneo de Sevilla (1908). Participou na celebración do Centenario da Guerra da Independencia co poema “Aos héroes da Arousa”.
 
Durante a [[Segunda República Española|Segunda República]] foi tenente alcalde de Vilagarcía. Ao estalar ao [[sublevacióngolpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] foi multado.
 
== Obras ==
Liña 12:
 
== Vida persoal ==
Foi o pai de [[Fermín Bouza-Brey]] e [[Luís Bouza-Brey Trillo]].
 
== Véxase tamén ==