Obelisco de Axum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 9:
 
=== Repatriación ===
[[Ficheiro:Aksum-107569.jpg|miniatura|250px|Cerimonia inaugural da restauración do obelisco de Axum.]]
Despois de anos de presión, o goberno italiano comezou o proceso de devolución do obelisco en abril de [[1997]]. O primeiro paso foi desmantelalo para embarcalo a Etiopía en marzo de 2004. Porén, o proceso de repatriacion viuse entorpecido por varios obstáculos: a pista do aeroporto de [[Axum]] era curta de máis para un avión de carga, aínda que este só cargase coa terceira parte do obelisco; e o acceso a través do porto de [[Eritrea]] era virtualmente imposible debido a conflitos políticos entre Eritrea e Etiopía. Outra razón para o atraso na devolución do obelisco foi a declaración do goberno italiano de que non existían fondos suficientes para pagar o transporte. Os [[Estados Unidos de América]] negaron a súa axuda dicindo que os seus avións de carga estaban comprometidos na [[guerra de Iraq]]. Numerosos intentos por parte do profesor [[Richard Pankhurst]] non tiveron éxito até que un cidadán etíope-estadounidense ameazou ó goberno italiano cunha posible colecta virtual.