Obelisco de Axum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 8:
O obelisco foi elaborado e erixido na cidade de [[Axum]] (actual [[Etiopía]]) durante o [[século IV]] por súbditos do [[reino de Axum]], unha antiga civilización etíope. Posteriormente derrubouse, partíndose en tres anacos, probablemente a consecuencia dun terremoto, xa que a zona ten unha alta actividade sísmica. Nesas condicións foi atopado polo exército italiano a finais de 1935 durante a [[Segunda guerra ítalo-etíope|invasión italiana de Abisinia]]. En [[1937]], despois da guerra ítalo-abisinia, foi trasladado a Italia como trofeo de guerra polo réxime fascista. Chegou a [[Nápoles]] en barco o [[27 de marzo]] de [[1937]] e foi levado a [[Roma]]. O [[28 de outubro]] foi ensamblado na praza de Porta Capena, fronte o ministerio da África Italiana (máis tarde sé da FAO), co gallo do 15 aniversario da [[Marcha sobre Roma|marcha fascista sobre Roma]]. Nun acordo coa [[ONU]] en [[1947]], [[Italia]] acordou devolver o obelisco. Nos seguintes 50 anos fíxose pouco por respectar ese acordo.
 
=== Repatriación ===
Despois de anos de presión, o goberno italiano comezou o proceso de devolución do obelisco en abril de [[1997]]. O primeiro paso foi desmantelalo para embarcalo a Etiopía en marzo de 2004. Porén, o proceso de repatriacion viuse entorpecido por varios obstáculos: a pista do aeroporto de [[Axum]] era curta de máis para un avión de carga, aínda que este só cargase coa terceira parte do obelisco; e o acceso a través do porto de [[Eritrea]] era virtualmente imposible debido a conflitos políticos entre Eritrea e Etiopía. Outra razón para o atraso na devolución do obelisco foi a declaración do goberno italiano de que non existían fondos suficientes para pagar o transporte. Os [[Estados Unidos de América]] negaron a súa axuda dicindo que os seus avións de carga estaban comprometidos na [[guerra de Iraq]]. Numerosos intentos por parte do profesor [[Richard Pankhurst]] non tiveron éxito até que un cidadán etíope-estadounidense ameazou ó goberno italiano cunha posible colecta virtual.