Obelisco de Axum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
O '''obelisco de Axum''' (en {{Lang-am|የአክሱም ሐውልት}}) é unha estela [[obelisco]] de [[granito]] do [[século IV]] e 24 metros de altura que se atopa na cidade de [[Axum]], en [[Etiopía]]. Cun peso de 160 [[tonelada]]s, está ornamentado con dúas [[porta]]s falsas na base e conta con decoracións que semellan [[fiestra]]s en tódolos seus lados.
O obelisco remata nunha parte superior semicircular, que estaba encerrada por molduras metálicas.
 
== Historia ==
O obelisco foi elaborado e erixido na cidade de [[Axum]] (actual [[Etiopía]]) durante o [[século IV]] por súbditos do [[reino de Axum]], unha antiga civilización etíope. Posteriormente derrubouse, partíndose en tres anacos, probablemente a consecuencia dun terremoto, xa que a zona ten unha alta actividade sísmica. Nesas condicións foi atopado polo exército italiano a finais de 1935 durante a [[Segunda guerra ítalo-etíope|invasión italiana de Abisinia]]. En [[1937]], despois da guerra ítalo-abisinia, foi trasladado a Italia como trofeo de guerra polo réxime fascista. Chegou a [[Nápoles]] en barco o [[27 de marzo]] de [[1937]] e foi levado a [[Roma]]. O [[28 de outubro]] foi ensamblado na praza de Porta Capena, fronte o ministerio da África Italiana (máis tarde sé da FAO), co gallo do 15 aniversario da [[Marcha sobre Roma|marcha fascista sobre Roma]]. Nun acordo coa [[ONU]] en [[1947]], [[Italia]] acordou devolver o obelisco. Nos seguintes 50 anos fíxose pouco por respectar ese acordo.
 
Despois de anos de presión, o goberno italiano comezou o proceso de devolución do obelisco en abril de [[1997]]. O primeiro paso foi desmantelalo para embarcalo a Etiopía en marzo de 2004. Porén, o proceso de repatriacion viuse entorpecido por varios obstáculos: a pista do aeroporto de [[Axum]] era curta de máis para un avión de carga, aínda que este só cargase coa terceira parte do obelisco; e o acceso a través do porto de [[Eritrea]] era virtualmente imposible debido a conflitos políticos entre Eritrea e Etiopía. Outra razón para o atraso na devolución do obelisco foi a declaración do goberno italiano de que non existían fondos suficientes para pagar o transporte. Os [[Estados Unidos de América]] negaron a súa axuda dicindo que os seus avións de carga estaban comprometidos na [[guerra de Iraq]]. Numerosos intentos por parte do profesor [[Richard Pankhurst]] non tiveron éxito até que un cidadán etíope-estadounidense ameazou ó goberno italiano cunha posible colecta virtual.
 
A pista no aeroporto de Axum foi entón acondicionada para facilitar o retorno do obelisco, cuxas partes se mantiñan nun almacén do [[aeroporto de Roma-Fiumicino]] até o [[19 de abril]] de [[2005]], día no que se transportou a primeira peza. O obelisco, ó CHegar a Etiopía, permaneceu nun almacén mentres se decidía cal era a mellor opción para a súa restauración sen perturbar outros patrimonios na área.
 
A montaxe das partes comezou en xuño de 2008, ano no que o monumento volveu ter a súa forma e lugar orixinais, sendo inaugurado o [[4 de setembro]] de [[2008]]. Existen varios obeliscos en Eritrea e Etiopía, como o de [[Hawulti]] en [[Metera]].
 
== Véxase tamén ==