Abebe Bikila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 3:
'''Abebe Bikila''' (en [[lingua amhárica|amhárico]] አበበ ቢቂላ), nado o [[7 de agosto]] de [[1932]] e finado o [[25 de outubro]] de [[1973]], foi un corredor de [[Maratón (atletismo)|maratóns]], [[Etiopía|etíope]], dúas veces campión olímpico, en Roma (1960) e Toquio (1964).
 
== BiografíaTraxectoria ==
Axente de policía e garda do corpo personal do derradeiro emperador, [[Haile Selassie]], Abebe Bikila (consérvase a orde onomástica etíope, na que en primeiro lugar se cita o apelido - Abebe - e logo o nome propio - Bikila-), nado en [[Mout]] en [[Etiopía]], converteuse nun heroe nacional despois de obter a medalla de ouro na [[Xogos Olímpicos de 1960|XVII Olimpíada]] en Roma.
 
Desde os Xogos celebrados en [[Roma]] no ano [[1960]], circula a lenda de que Bikila venceu e correu toda a distancia completa da [[maratón (atletismo)|maratón]], máis de 42 km, descalzo. En realidade comezou calzado, mais tendo problemas con unha das zapatillas no transcurso da carreira, decidíudecidiu continuar o resto sen calzado. Por outra banda, e como curiosidade, naquela carreira, Bikila pasou ao lado do [[Obelisco de Axum]], que fora trasladado a [[Italia]] logo da [[guerra de Etiopía]] na década de 1930 (o monumento, sería definitivamente restituído a Etiopía o [[18 de abril]] de [[2005]]).
 
Catro anos despois Bikila presentouse, en peor forma física, nas [[Xogos Olímpicos de 1964|Olimpíadas de Toquio, 1964]]. Fora operado de [[apendicite]] seis semanas antes da carreira, e apenas tivo tempo para se preparar. Nesta ocasión correu calzado e venceu de novo. Bikila converteuse no primeiro atleta que vencía na maratón en dúas olimpíadas, e estabelecendo aínda o mellor tempo mundial da distancia.