Templo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
m arranxiños
Liña 2:
Un '''templo''' é un edificio destinado ao [[culto]] relixioso ou a actividades espirituais, tales como a oración, a realización de sacrificios, ou a celebración doutro tipo de rituais relixiosos. Algunhas tradicións relixiosas manteñen nomes específicos para os seus templos primarios, [[igrexa (arquitectura)|igrexa]] no caso do cristianismo, [[mesquita]] no [[islam]], [[pagode]] no caso de certas tradicións do [[budismo]], [[sinagoga]] no caso do [[xudaísmo]], [[salón do Reino]] nas [[Testemuñas de Xehová]].
 
Os primeiros templos dos que se teñen noticia foron os de [[Mesopotamia]]<ref>Brian M. Fagan, People of the Earth: An Introduction to World Prehistory, Harpercollins College, 7ª ed., 1992, páx. 52 e 322</ref>. Tratábase de edificios rectangulares que co tempo evolucionaron a edificios sobre unha plataforma, dentro dela quedaban os restos do templo anterior, así ata que no século XXI Aa. de C. surxiusurdiu o [[Cigurat]], un templo situado sobre varias plataformas de tamaño decrente.
Os templos exipcios eran edificios longos, o seu interior dividíase en varias estancias, algunhas con columnas, ata o extremo final onde se atopaba a cela coa estatua do deus onde os exipcios idolatraban aos seus deuses a través de sacerdotes especializados<ref>Jackson J. Spielvogel, Western Civilization: Volume I: To 1715, Wadsworth, 6ª ed, 2005, páx. 4</ref>.
O helenismo expandiu por todo Occidente e Oriente Medio o templo grego, un edificio rectangular dunha soa habitación cun portal columnado con diferentes capiteis dos tres estilos decorativos gregos(dórico, xonio e corintio). De [[Grecia]] pasou a [[Roma]], onde estes colocaron o templo grego sobre unha plataforma.