Sisoés o Grande: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:North_door_of_iconostasis_v.3.jpg|miniatura|Porta norte dun [[iconostasio]] en [[Velikii Novgorod|Novgorod]], detalle, século XVI]]
'''Sisoés o Grande''', '''Sisoés de Scetes,''' ou '''Abade Sisoés''', nado no século IV e finado en 429, foi un anacoreta exipcio que se retirou ao deserto, á mesma cova na que estivera [[Antón Abade]]. As igrexas ortodoxa e católica venérano como santo.
 
== Traxectoria ==
Na súa mocidade decidiu retirarse do mundo e estableceuse no deserto de Scetes baixo a dirección do abade Hor. Mais o desexo de afastarse aínda máis levouno a cruzar o Nilo para se recoller na montaña na que Antón Abade morrera algún tempo. Pasou sesenta anos no monte Qolzoum, preto de Clysma, e co tempo peregrinos vidos de lonxe afluían para recibir consello. Tamén foi un duro opositor do [[arianismo]].