Xosé Mosquera Casero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
actualizados dados
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Xosé Mosquera Casero''', nado o [[6 de decembro]] de [[1956]] en [[San Cristovo de Cea]], é un político [[pobo galego|galego]] de [[Compromiso por Galicia]].
 
== Traxectoria ==
Liña 6:
 
=== Actividade política ===
En 1979 entrou a militar no [[Partido Galeguista (1978)|Partido Galeguista]] e foi candidato desa formación nas [[Eleccións ao Parlamento de Galicia 1981|eleccións autómicas de 1981]], tras a integración do seu partido en [[Coalición Galega]] en 1983 pasou a militar nesta formación ata a creación en 1987 do [[Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista|Partido Nacionalista Galego]]. Nas [[Eleccións municipais de 1987 en Galicia|eleccións municipais dese ano]] encabezou a lista do PNG en San Cristovo de Cea, saíndo elixido concelleiro. En 1991 entrou canda o seu partido no [[Bloque Nacionalista Galego]]. En setembro de 2011 resultou elixido secretario xeral do PNG-PG e en 2012 tras abandonar o seu partido o BNG e integrarse en Compromiso por Galicia entrou na executiva desa formación. En 2014 impúxose nas primarias da súa formación na cidade de Ourense<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/10/04/xose-mosquera-impone-primarias-cxg-sera-candidato-alcaldia/00031412444004644118132.htm "Xosé Mosquera se impone en las primarias de CxG y será candidato a la alcaldía", ''La Voz de Galicia'', 4 de outubro de 2014]</ref> pero tras a formación da plataforma cidadá [[Ourense en Común]], CxG foi o primeiro partido en oficializar o seu apoio <ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/bande/2015/02/13/compromiso-galicia-primer-partido-oficializar-apoyo-marea-ourensana/0003_201502O13C4991.htm "Compromiso por Galicia, primer partido en oficializar su apoyo a la «marea» ourensana" ''La Voz de Galicia'', 13 de febreiro de 2015]</ref> renunciando a presentar unha lista ao concello. Xosé Mosquera presentouse ás primarias á alcaldía de Ourense en Común gañando as eleccións<ref>[http://www.laregion.es/articulo/ourense/xose-mosquera-candidato-ourense-comun/20150316095756530893.html "Xosé Mosquera será el candidato de Ourense en Común en las municipales" ''La Región'', 16 de marzo de 2015]</ref> pero tras o malestar de parte da organización que replicaban que houbera tráfico de votos a asemblea xeral de Ourense en Común decidiu anular as primarias<ref>[http://www.sermosgaliza.gal/articulo/politica/anuladas-primarias-ourense-comun/20150326112334036097.html "Anuladas as primarias de Ourense en Común" ''Sermos Galiza'']</ref> o que levou á marcha de Mosquera e o resto de militantes de CxG que colaboraban en Ourense en Común por unha decisión que consideraron un quebranto democrático<ref>[http://www.galiciaconfidencial.com/nova/23455-cxg-abandona-ourense-comun "CxG abandona Ourense en Común" ''Galicia Confidencial'', 1 de abril de 2015]</ref> reactivando a candidatura de CxG ao concello de Ourense con Mosquera como cabeza de lista. En novembro de 2018 abandonou tanto os cargos que desempeñaba como a militancia en [[Compromiso por Galicia]].
 
== Notas ==