Lagarteiro das torres: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Situación, ameazas e dinámica das poboacións: Unión Internacional para a Conservación da Natureza
Liña 63:
 
== Situación, ameazas e dinámica das poboacións ==
As poboacións da especie sufriron unha forte redución en [[Europa]] dende os anos [[1960]]. A catástrofe iniciada neses anos en [[Europa central|Centroeuropa]], repetiuse en [[España]] nos anos [[1980]]. Se en 1960 se calculaba que había unhas 100.000 parellas reprodutoras. Na actualidade os seus números cífranse nunhas 10.000. A nivel mundial crese que as súas poboacións supoñen só entre un 10 e un 15 % das dos anos [[1950]]. A tendencia parece estarse invertendo, porén, nalgúns países: en España as poboacións parecen estabilizarse, en [[Grecia]] e [[Macedonia do Norte]] apareceron unha cantidade apreciable de parellas reprodutoras. Onde a especie parece amosar un aumento máis destacado é en [[Italia]]. A poboación actual en Europa calcúlase nunhas 20000–35000 parellas reprodutoras. A situación da especie e cualificada pola [[Unión Internacional para a Conservación da Natureza|IUCN]] como ''VU'' (= ''vulnerable'').
 
As flutuacións das poboacións da especie foi sempre grande. Algunhas colonias aparecían, medraban axiña e volvían desaparecer, o que non explica o retroceso sufrido dende os anos 1960, que podería estar relacionado coa loita contra as lagostas migratorias nos seus territorios de inverno e a perda de hábitats, o uso crecente de insecticidas e os cambios climáticos nas áreas de cría. Fálase tamén de problemas relacionados coa [[endogamia (bioloxía)|endogamia]] como causantes da desaparición de moitas colonias.