Curuxa común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de un > dun
Liña 44:
[[Ficheiro:Chouette crâne (2).jpg|miniatura|esquerda]]
=== Alimentación e técnicas de caza ===
Cazan, ó lusco fusco e pola noite, sobre todo mamíferos pequenos. En épocas de escaseza de presas ou cando están criando os polos poden cazar polo día. En 47 dos 52 estudos feitos en diferentes localizacións xeográficas amosábase que os [[roedores]] constituían polo menos o 50% das súas presas. Mesmo en Australia central os ratos, introducidos involuntariamente polos europeos, constitúen o 97% das capturas totais. [[Rata]]s, [[coello]]s pequenos, [[morcegomorcegos]]s, [[paxaroAves|paxaros]]s, [[réptilréptiles]]es, [[ra]]s e [[insectoinsectos]]s poden xogar local ou rexionalmente un papel importante na súa subsistencia. Localizan as presas polo oído e pola vista. A forma da cara mellora a capacidade de recoller sons do oído e elimina outros ruídos molestos para a localización da presa.
Comparada con outras rapaces nocturnas de tamaño semellante, a curuxa común ten un metabolismo moito máis rápido, o que fai que precisen máis comida con relación ó seu peso ca outras especies. O consumo de roedores en relación co seu peso é, se cadra, meirande có de calquera outro carnívoro.