A guerra das galaxias (filme): Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 253:
''A guerra das galaxias'' estreouse o mércores 25 de maio de 1977 en menos de 32 cines, e en oito máis o xoves e o venres. Kurtz aseverou no 2002: «resultaría ridículo hoxe». O filme rompeu decontado os récords de recadación, converténdose de feito nun dos primeiros ''[[blockbuster]]s'' e Fox ampliou axiña os plans para o seu lanzamento noutras salas de cine. O propio Lucas non puido predicir o éxito de ''Star Wars''. Despois de visitar o estudio de rodaxe da película de Steven Spielberg, ''[[Close Encounters of the Third Kind]]'' (1977), Lucas estaba seguro de que a película de Spielberg superaría a Star Wars en recadación. Spielberg non estaba de acordo e cría que ''A guerra das galaxias'' acadaría maior éxito. Lucas propuxo un intercambio do 2,5% das ganancias de ambas películas; Spielberg aceptou o trato e aínda recibe o 2.5% das ganancias de ''Star Wars''.
Fox inicialmente tiña
A película foi un grande éxito para 20th Century Fox e foi responsable do fortalecemento da compañía. Tres semanas despois da estrea o prezo das [[Acción (finanzas)|accións]] do estudio ascenderon a un nivel récord. Antes de 1977 as maiores ganancias anuais de 20th Century Fox foran $ 37 millóns, namentres que en 1977 a compañía rompeu ese récord declarando unha ganancia de $ 79 millóns. Malia que a neutralidade da película respecto a outras culturas axudou a conseguir éxito internacional, Ladd mostrouse preocupado durante a estrea no [[Xapón]]; trala proxección o público ficou en silencio, o que lle fixo temer a Ladd que o filme non gustara. Os seus contactos aseguráronlle a Ladd que esta era una reacción positiva, pois no Xapón o silencio era o mellor xeito de honrar unha película. Os grandes ingresos de recadación confirmaron a súa popularidade.
|