Cloaca (zooloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Bot: Arranxos varios
Elisardojm (conversa | contribucións)
+imaxe
 
Liña 1:
{{outros homónimos|Cloaca (homónimos)}}
[[Ficheiro:A laboratory manual for comparative vertebrate anatomy (1922) (20754316592).jpg|miniatura|Diagrama para ilustrar o desenvolvemento da cloaca en mamíferos.]]
En [[Anatomía|anatomía animal]], a '''cloaca''' é unha cavidade aberta ao exterior para a expulsión de refugallos, situada na parte final do [[Aparello dixestivo|tracto dixestivo]], na que conflúen tamén os condutos finais dos [[Sistema urinario|aparellos urinario]] e [[Aparello reprodutor|reprodutor]]. Está presente en determinadas [[especie (bioloxía)|especies]] de [[vertebrados]]: en todas as [[aves]], [[réptiles]] e [[anfibios]], así como nalgúns [[peixes]] ([[condrictios]]) e [[mamíferos]] ([[monotremas]] e [[marsupiais]]) e, excepcionalmente, nos [[tenrécidos]], que son [[placentarios]].<ref name=Young>Young, J. Z. (1977): ''La vida de los vertebrados''. Barcelona: Editorial Omega. ISBN 84-282-0206-0.</ref>