A guerra das galaxias (filme): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 197:
:O xefe do crime máis poderoso de Tatooine, ofreceu unha recompensa polo contrabandista Han Solo.
 
:Cando filmou a escena entre Han Solo e Jabba en 1976, Lucas contratou o actor norteirlandés Declan Mulholland para representar a Jabba o Hutt, cun disfrace marrón peludo. Lucas pretendía substituír a Mulholland na postproducción por unha criatura mais foi imposible polas limitacións técnicas da época.<ref>Entrevista a George Lucas, ''Star Wars Episode IV: A New Hope'', Special Edition (VHS, 20th Century Fox, 1997).</ref> En definitiva, Lucas decidiu deixar a escena fora da montaxe final da película.<ref>Comentarios de George Lucas, ''Star Wars Episode IV: A New Hope'', Special Edition, dir. George Lucas, (DVD, 20th Century Fox, 2004).</ref> Lucas volveu a introducir a escena na edición especial de 1997, restaurando a secuencia e substituíndo a Mulholland por unha [[imaxe xerada por ordenador]] de Jabba o Hutt e o diálogo en huttese —unha lingua ficticia creadocreada polo deseñador de son Ben Burtt— no canto de inglés.<ref>Entrevista a Joseph Letteri, ''Star Wars Episode IV: A New Hope'', Special Edition (VHS, 20th Century Fox, 1997).</ref><ref>"''A New Hope'': Special Edition — What has changed?: Jabba the Hutt", 15-01-1997, en {{cita web|url=http://www.starwars.com/episode-iv/bts/article/f19970115/indexp2.html |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080301000000/http://www.starwars.com/episode-iv/bts/article/f19970115/indexp2.html |dataarquivo=01-03-2008 |título=A New Hope: Special Edition – What has changed? |urlmorta= |dataacceso=27-06-2019}}. {{cita web |url=http://www.starwars.com/episode-iv/bts/article/f19970115/indexp2.html |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080229204948/http://www.starwars.com/episode-iv/bts/article/f19970115/indexp2.html |dataarquivo=29-02-2008 |título=A New Hope: Special Edition – What has changed? |urlmorta=si |dataacceso=27-06-20192016}}</ref> A escena puíuse aínda máis para o lanzamento en DVD no 2004, mellorando a aparencia de Jabba cos avances nas técnicas de imaxe xerada por ordenador.<ref>"Star Wars: The Changes — Part One" en [http://www.dvdactive.com/editorial/articles/star-wars-the-changes-part-one.html DVDActic.com]. Consultado o 27-06-2019.</ref>
 
*Mark Austin como [[Boba Fett]]
Liña 230:
==Mercadotecnia==
[[Ficheiro:Star wars 1977 us.svg|miniatura|esquerda|Logotipo ideado por Dan Perri para ''Star Wars'']]
Mentres a película estaba en produción encargóuselle un [[logotipo]] a [[Dan Perri]], un deseñador de títulos que traballara nos títulos de películas como ''[[O exorcista (filme)|O exorcista]]'' (1973) e ''[[Taxi Driver]]'' (1976). Perri ideou un logotipo de STAR WARS en escorzo que consistía en letras maiúsculas cheas de estrelas e nesgadas cara a un punto de fuga. O deseño deste logotipo concibiuse orixinalmente para seguir a mesma perspectiva que o texto que avanza na secuencia de apertura da película. Ó final, o logotipo de Perri non se usou para a secuencia que dá inicio á película, no entanto utilizouse amplamente na publicidade impresa previa ó lanzamento do filme e nas marquesiñas publicitarias dos cines.{{Harvnp<ref name=Taylor11>[[#Bibliografía|Taylor| (2015|loc=)]], Capítulo 11}}</ref><ref>{{cita web|título=Star Wars (1977) |url=http://www.artofthetitle.com/title/star-wars/ |páxina-web=Art of the Title |dataacceso=16-07-2019 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160402074725/http://www.artofthetitle.com/title/star-wars/ |dataarquivo=02-04-2016 |urlmorta=non}}</ref>
 
O logotipo introducido finalmente na película orixinouse a partir dun folleto para promover o filme distribuído por Fox e destinado ós propietarios de cines en 1976. Este folleto foi deseñado por [[Suzy Rice]], unha directora de arte da axencia publicitaria Seiniger Advertising dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]]. Nunha visita a ILM en Van Nuys, Lucas mandoulle crear a Rice un logotipo que intimidara ó espectador e pediulle que o estilo do logotipo resultase «[[Fascismo|moi fascista]]». A resposta de Rice á súa petición foi utilizar para o deseño do logotipo un tipo de imprenta Helvetica grosa modificada e co contorno perfilado. Tras recibir algunhas suxestións de Lucas, Rice decidiu entrelazar o ''S'' e o ''T'' de ''STAR'' e mailo ''R'' e o ''S'' de ''WARS''. Lucas aprobou o cartel no medio da rodaxe das escenas da cantina de Mos Eisley. Gary Kurtz quedou impresionado co logotipo de Rice e escolleuno en lugar do deseño de Perri para a secuencia de apertura da película, despois de modificar a letra ''W'', estreitando as puntas na parte inferior do deseño orixinal de Rice. Creouse, en conclusión, o deseño definitivo; un dos logotipos máis recoñecibles no mundo do cine, emporiso, a contribución de Rice non aparece nos créditos da película.<ref name=Taylor11 />
 
Para o lanzamento nos Estados Unidos en 1977, 20th Century Fox encargou un [[Cartel|póster]] de promoción á axencia de publicidade Smolen, Smith and Connolly. Recorreron ó [[Traballador independente|artista independente]] [[Tom Jung]], a quen se lle pediu que representase «o ben sobre o mal». O seu póster, coñecido como ''Estilo ‘A’'', mostraba a Luke Skywalker de pé nunha pose heroica, brandindo un sabre de luz brillante sobre a súa cabeza, coa princesa Leia debaixo del, e unha grande imaxe fantasmal do casco de Darth Vader que se achega detrás deles. Algúns executivos de Fox consideraron que este cartel era «demasiado escuro» e encargáronlle ós imáns Hildebrandt, dous coñecidos artistas do xénero de fantasía, que traballaran nun novo cartel para o lanzamento no Reino Unido. Cando a película se estreou nos cines británicos, o cartel ''Estilo ‘B’'' dos irmáns Hildebrandt usouse como reclamo nas estadas publicitarias. Fox e Lucasfilm decidiron posteriormente que querían promover a película cunha nova representación menos estilizada e máis realista dos personaxes principais. O produtor Gary Kurtz acudiu ó artista Tom Chantrell, quen xa era coñecido polo seu prolífico traballo para as películas de terror da Hammer, e encargoulle unha nova versión do póster. Dous meses despois o cartel dos irmáns Hildebrandt foi substituído polo cartel ''Estilo ‘C’'' de Chantrell nos cines do Reino Unido.<ref>{{cita libro|apelido1=Sansweet |nome1=Stephen J. |apelido2=Vilmur |nome2=Peter |título=The Star Wars poster book |data=2005 |editorial=Chronicle Books |lugar=San Francisco|isbn=9780811848831}}</ref><ref name="photosecrets">{{cita web|título=Evolution of the Star Wars Poster |url=https://www.photosecrets.com/evolution-of-the-star-wars-poster.html |páxina-web=PhotoSecrets.com |dataacceso=16-07-2019 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20170728144712/https://www.photosecrets.com/evolution-of-the-star-wars-poster.html |dataarquivo=28-07-2017 |urlmorta=non}}</ref><ref>{{cita web|apelido1=Dass |nome1=William |título=The History of Star Wars Posters |url=https://filmschoolrejects.com/star-wars-the-posters-14ad09654325/ |páxina-web=Film School Rejects |dataacceso=16-07-2019 |data=14-12-2016}}</ref><ref>{{cita web|título=A short history of the first British Star Wars posters |url=http://www.sci-fimovieposters.co.uk/british-star-wars-posters.htm |páxina-web=www.sci-fimovieposters.co.uk |dataacceso=16-07-2019}}</ref>
 
Charles Lippincott foi o director de ''[[Mercadotecnia|marketing]]'' de Star Wars e como 20th Century Fox brindou pouco apoio para a comercialización, alén das licenzas de camisetas e pósters, Lippincott viuse na obriga a buscar apoios por outro lado. Conseguiu acordos con Marvel Comics para unha adaptación en banda deseñada, e con Del Rey Books para adaptala a unha novela. Como fanático da ciencia ficción, utilizou os seus contactos para promover a película na [[Convención Internacional de Banda Deseñada de San Diego|Comic-Con de San Diego]] e noutros ámbitos relacionados cos adeptos da ciencia ficción.<ref name="EmpireOfDreams"/><ref name="KurtzIGN1">{{cita web|apelido=Kurtz |nome=Gary |título=An Interview with Gary Kurtz |url=http://www.ign.com/articles/2002/11/11/an-interview-with-gary-kurtz?page=1 |páxina-web=IGN |dataacceso=16-07-2019 |data=11-11-2002 |páxina=1}}</ref>
 
== Galardóns e nomeamentos ==