Arroz moreno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
 
Liña 5:
Ten máis valor nutritivo ca o [[arroz branco]] por mor de que o farelo contén moitos elementos como [[fibra alimentaria|fibra]], [[Vitamina B1|vitaminas B1]] (tiamina), [[Vitamina B2|vitaminas B2]](riboflavina), [[Vitamina B3|B3]] (niacinamida), [[vitamina D]], [[ferro]], [[magnesio]], [[calcio]] e [[potasio]] que se perden coa moedura á que é sometido o arroz branco. O arroz moreno tamén conserva o xerme que aporta [[proteína]]s e [[Ácido graxo|ácidos graxos]], así como a súa camada de [[aleurona]]s que contén elementos que eliminan a [[anxiotensina]] que inflúe no deselvolvemento da [[arteriosclerose]] e maila [[Hipertensión arterial|hipertensión]].<ref>[http://www.sciencedaily.com/releases/2010/04/100426151625.htm Brown Rice and Cardiovascular Protection], ScienceDaily, 27 de abril de 2010, consultado o 23/02/2011 (en inglés)</ref>
 
Nos [[Estados Unidos]], a lexislación federal garante que os niveis de vitaminas B1, B2, B3 e D, e os niveis de [[ácido fólico]], calcio e ferro contidos no arroz non estean por baixo de certo limiar; en caso contrario o arroz ten de ser enriquecido.<ref>[http://edocket.access.gpo.gov/cfr_2001/aprqtr/21cfr137.350.htm Enriched rice] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120225052655/http://edocket.access.gpo.gov/cfr_2001/aprqtr/21cfr137.350.htm |date=25 de febreiro de 2012 }}, Food and Drug Administration, ''Code of Federal Regulations'', Tomo 2, Título 21, capítulo I, parte 137, sección 137.350, páxs. 384-386, consultado o 23/02/2011 (en inglés)</ref>
 
O arroz integral cómpre máis tempo de cocedura, é máis duro ca o arroz branco ao mastigar, e vólvese axiña [[Enranciamento|rancio]]. En condicións normais o arroz moreno consérvase meses, mais para alongar o seu tempo de vida e evitar a proliferación da [[traza da fariña]] (''[[Plodia interpunctella]]''), recoméndanse períodos de conxelación ou envasalo ao baleiro.