Diferenzas entre revisións de «Club Patín Cerceda»

 
=== O retorno á OK Liga ===
Na tempada [[2012]]-[[2013|13]] o CP Cerceda conseguiu o retornar á máxima categoría do hóckey a patíns do Estado español tres anos despois, asegurándose o ascenso de xeito matemático na penúltima xornada tras derrotar por 5 goles a 3 na casa ao [[Club Patín Alcobendas|CP Alcobendas]].<ref>{{Cita web |url=http://www.fep.es/website/noticias.asp?idnoticia=7636&modalidad=14&id_noticia=7636&id_modalitat=14&id_sexe=0&id_categoria=0 |título=El CP Cerceda y el CP Tordera consiguen el ascenso a la OK Liga |editorial=[[Federación Española de Patinaxe]] |data=19 de maio de 2013 |dataacceso=26 de xaneiro de 2018 |lingua=es}}</ref><ref>{{Cita noticia |url=http://www.laopinioncoruna.es/deportes/2013/05/20/tres-anos-destino/723777.html |título=Tres años y un destino |xornal=[[La Opinión (A Coruña)|La Opinión]] |nome=María |apelidos=Varela |data=20 de maio de 2013 |dataacceso=26 de xaneiro de 2018 |lingua=es}}</ref>
 
Na tempada do seu regreso á OK Liga, o Cerceda conseguiu clasificarse por primeira vez na súa historia para disputar a [[Copa do Rei de hóckey a patíns|Copa do Rei]] na cidade catalá de [[Lleida]]. O equipo de Juan Copa conseguiu a súa clasificación logo dunha boa primeira volta na que finalizou na sétima posición da táboa, conseguindo seis vitorias, cinco empates e catro derrotas para un total de 23 puntos. O Cerceda chegou á última xornada da primeira volta tendo que remontar un ''gol average'' de sete goles en contra ao [[CE Noia|Noia Freixenet]], e fíxoo cunha goleada na casa fronte ao [[C.P. Vilanova]] (12-1), o que deixou ao equipo de [[Sant Sadurní d'Anoia]] fora da competición copeira.{{refn|group=lower-alpha|O Noia Freixenet non puido clasificarse a pesar da súa oitava posición, por clasificarse de xeito directo o [[Lleida Llista Blava|ICG Software Lleida]], organizador da competición.<ref name="ultimo"/>}}<ref name="ultimo">{{Cita noticia |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2014/01/26/pagina-40/13108666/pdf.html |título=Cerceda, último billete para la Copa |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=26 de xaneiro de 2014 |dataacceso=14 de setembro de 2018 |lingua=es}}</ref> O Cerceda debutou na competición copeira o 28 de febreiro fronte ao [[Club Patí Vic]],<ref>{{Cita noticia |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2014/02/27/pagina-38/13133131/pdf.html |título=Vuelve el espectáculo de la Copa |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=27 de febreiro de 2014 |dataacceso=14 de setembro de 2018 |lingua=es}}</ref> nun partido moi disputado que se decantou do lado dos de [[Osona]] grazas a un solitario gol de [[Josep Maria Roca Bigas|Titi Roca]] na segunda parte, aínda así, [[Martín Payero]] tivo a oportunidade de empatar o mesmo a falta de once segundos para a conclusión do partido, mais a bóla estrelouse contra o largueiro, dando o pase a semifinais ao equipo de [[Vic]].<ref>{{Cita noticia |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2014/03/01/pagina-48/13134798/pdf.html |título=El Barça impone su clase y se mete en semifinales |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=1 de marzo de 2014 |dataacceso=14 de setembro de 2018 |lingua=es}}</ref> Na liga, o Cerceda finalizou na novena posición logo de derrotar na derradeira xornada ao Vilanova (3-10), conseguindo a última praza para disputar a segunda competición continental de hóckey a patíns, a [[Copa CERS]], a costa do histórico [[CP Voltregà|Club Patí Voltregà]].<ref>{{Cita noticia |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2014/06/08/pagina-29/13221865/pdf.html |título=El Lloret desciende y el Cerceda jugará la CERS |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=8 de xuño de 2014 |dataacceso=14 de setembro de 2018 |lingua=es}}</ref><ref>{{Cita web |url=http://fep.es/website/noticias.asp?any=2014&qui=noticia&idnoticia=8503&modalidad=14 |título=El CH Lloret pierde la categoría y el Cerceda debutará en Europa |editorial=[[Real Federación Española de Patinaxe]] |data=7 de xuño de 2014 |dataacceso=14 de setembro de 2018 |lingua=es}}</ref>
 
30.166

edicións