Taenia saginata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 38:
O diagnóstico bromatolóxico faise para examinar se a carne ten cisticercos e é apta para o consumo. O cisticerco pode distribuírse por todo o corpo do [[ruminante]]. Debido á súa localización nos tecidos, o diagnóstico xeralmente faise ''post mortem'' en cortes de [[músculo]], en especial o corazón, a lingua e os músculos [[maseter]] e [[tríceps braquial]]. Certas probas [[inmunitaria]]s ([[ELISA]]) detectan [[antíxeno]]s circulantes con grande especificidade.
 
As técnicas de laboratorio frecuentemente utilizadas para este cestodo e para os demais, son as técnicas coproparasitoscópicas (CPS) cualitativas e cuantitativas, o peneirado de feces, [[tinguidura de Ziehl-Neelsen]], [[técnica de Graham]]<ref>[http://para1.wordpress.com/2008/06/21/metodo-de-graham/ Parasitología general - Método de Graham]</ref> e frotis directo. Pode facerse unha [[PCR]] para detectar os xenes do [[ARNr]] de 5,8 S8S]].<ref>{{Cita publicación periódica |author=González LM, Montero E, Harrison LJ, Parkhouse RM, Garate T. |title=Differential diagnosis of Taenia saginata and Taenia solium infection by PCR. |journal=J Clin Microbiol. |volume=38 |issue=2 |pages=737–744 |year=2000 |pmid=10655377 |pmc=86191}}</ref><ref name=Zarlenga>{{Cita publicación periódica |author=Zarlenga DS. |title=The differentiation of a newly described Asian taeniid from Taenia saginata using enzymatically amplified non-transcribed ribosomal DNA repeat sequences. |journal=Southeast Asian J Trop Med Public Health. |volume=22 |issue=suppl |pages=251–255 |year=1991 |pmid=1822899}}</ref>
 
Ao microscopio os ovos non se diferencian dos doutros da familia [[Taeniidae]]. O exame do escólex e proglotes pode servir para identificala.<ref name="schmidt"/> Cando o útero grávido se inxecta con tinta chinesa poden contarse as súas ramas, que son máis de 12 (de 12 a 20) en ''T. saginata'' e só de 5 a 10 en ''T. solium''.<ref name=Zarlenga/>