Incendio forestal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Bioloxía e Xeoloxía}}
m →‎Extinción: Alta tensión eléctrica
Liña 112:
* os [[piloto]]s, tanto de [[hidroavión]]s como de [[helicóptero]]s.
 
É imposíbel extinguir un lume unicamente cos medios hidráulicos. A técnica máis común consiste en atacar as frontes dereita e esquerda para apreixar a cabeza e canalizar a [[propagación]]. O ataque das frontes emprega tanto o persoal en terra coma os medios aéreos. Porén, os medios aéreos e os terrestres non poden actuar asemade sobre o mesmo espazo, porque o desprendemento dunha ducia de toneladas de auga é moi perigoso, tanto pola forza do impacto como pola posibilidade de que arrastre na caída pólas, diversos obxectos ou cabos de [[Alta tensión eléctrica|alta tensión]]. Por iso é indispensábel que exista unha coordinación por radio entre un e outro equipo.
 
A auga expulsada polos hidroavións pode ser ser unicamente [[auga]] ou estar mesturada con [[aditivo]]s retardantes que reducen a posibilidade de que o lume se estenda ás masas vexetais veciñas. O máis común destes aditivos é o [[polifosfato de amonio]], que mesturado con [[óxido de ferro]] adquire unha característica cor [[vermello|vermella]]. Esta substancia inhibe as reaccións de oxidación, de xeito que a combustión produce menos enerxía e acaba por propagarse máis lentamente. Tamén se empregan [[tensioactivo]]s, ou ''axentes molladores'', que reducen a [[tensión superficial]] da auga e permiten que esta enchoupe máis, mellor e un maior número de vexetais.