Colémbolos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 54:
Tradicionalmente, os colémbolos foron divididos nas [[orde (bioloxía)|ordes]] dos ''[[Arthropleona]]'' e ''[[Symphypleona]]'' e, ás veces tamén, dos ''[[Neelipleona]]''. Os ''Arthropleona'' foron divididos en dúas [[superfamilia]]sa: as dos ''[[Entomobryoidea]]'' e a dos ''[[Poduroidea]]''. Porén, actualmente, considérase que estas dúas superfamilias e os ''[[Symphypleona]]'' forman tres liñaxes, cada unha das cales está igualmente distante das outras dúas. Así, os ''Arthropleona'' foron eliminados nas clasificacións modernas e as súas superfamilias foron elevadas de categoría, chamándose agora ''[[Entomobryomorpha]]'' e ''[[Poduromorpha]]''. Así, por exemplo o [[ITIS]] considera que a clase ''[[Collembola]]'' (sinónimo ''Entognatha'') inclúe unha soa [[orde (bioloxía)|orde]], denominada así mesmo ''Collembola'',<ref name=I/> e dividida nas [[orde (bioloxía)|subordes]] ''Entomobryomorpha'', ''Neelipleona'', ''Poduromorpha'' e ''Symphypleona''.<ref>[Collembola (orde)] no ITIS.</ref> Tecnicamente, ''Arthropleona'' é así un sinónimo junior parcial de ''Collembola''.<ref>{{Cita web |url=http://www.collembola.org/ |title=Checklist of the Collembola |accessdate= January 2, 2016}}</ref> O termo "Neopleona" é esencialmente sinónimo de ''[[Symphypleona]]'' + ''[[Neelipleona]]''.<ref>{{Cita publicación periódica |author=Alba Sánchez-García |author2=Michael S. Engel |year=2016 |title=Long-term stasis in a diverse fauna of Early Cretaceous springtails (Collembola: Symphypleona) |journal=Journal of Systematic Palaeontology |pages=1–25 |url=https://www.researchgate.net/publication/303955438 |format=[[Portable Document Format|PDF]]}}</ref>
 
Os ''Neelipleona'' foron considerados orixinalmente como unha liñaxe avanzada particular de ''Symphypleona'', baseándose na súa forma corporal común. Pero a estrutura corporal global dos ''Neelipleona'' é completamente diferente da dos ''Symphypleona''. Posteriormente, os ''Neelipleona'' foron considerados como derivados dos ''Entomobryomorpha''. Pero os datos das análises das secuencias de [[ADN]] e dos [[ARNr]] de [[ARNr 18S|18S]] e [[ARNr 28S|28S]] suxiren que forman unha antiga liñaxe de colémbolos, o que explicaría as súas peculiares [[apomorfía]]s.<ref name="Gao"/>
 
Hai testemuñas de colémbolos desde o [[Devoniano]] temperán.<ref>{{Cita libro |author=Howell V. Daly |author2=John T. Doyen |author3=Alexander H. Purcell |lastauthoramp=yes |year=1998 |title=Introduction to insect biology and diversity |edition=2nd |publisher=[[Oxford University Press]] |location=New York |isbn= 0-19-510033-6 |url=http://www.worldcat.org/title/introduction-to-insect-biology-and-diversity/oclc/925231875}}</ref> O fósil de 400 millóns de anos, ''[[Rhyniella praecursor]]'', é o artrópodo terrestre máis antigo coñecido, e atopouse no famoso xacemento do [[sílex de Rhynie]] de [[Escocia]]. Pola súa morfoloxía lembran especies existentes hoxe de forma bastante exacta, polo que a radiación dos [[Hexapoda]] pode situarse no [[Silúrico]], hai 420 millóns de anos ou máis.<ref>{{Cita web |work=[[Tree of Life Web Project]] |url=http://tolweb.org/Hexapoda/2528 |title=Hexapoda. Insects, springtails, diplurans, and proturans |date=January 1, 2002 |accessdate= January 2, 2016}}</ref>